займ срочно

O Consello de Goberno aproba o orzamento da USC para 2018

0

Compostela, 14 de decembro do 2017 – O Consello de Goberno aprobou a proposta de orzamento da USC para o ano 2018 por valor de 234,86 millóns de euros.

O orzamento da USC aprobado supón un incremento con respecto ao presente exercicio do 3,27% e 7,35 millóns de euros.

Como explicou o xerente ante o órgano colexiado a planificación está condicionada polo marco económico xeral pero, en particular, polo novo Plan Galego de Financiamento Universitario para o período 2016-2020 así como polo Plan Económico Financeiro de Reequilibrio e o marco legal de aplicación ás administracións públicas.

consello goberno aproba orzamento uscO orzamento da USC debatido está orientado especificamente, nos últimos exercicios, a garantir a estabilidade orzamentaria das administracións públicas e á procura da consolidación fiscal, de forma que as normas afectan non só ao volume ou teito de gasto, senón tamén á composición deste, e en particular ao relativo aos gastos de persoal. O seguinte trámite desta proposta orzamentaria será a súa aprobación polo Consello Social.

A proposta debatida apunta a un orzamento que permita, de xeito xenérico cumprir os compromisos financeiros da USC, ao tempo que atender as previsións dos plans de PDI e PAS formulados polo equipo de goberno para o período 2017-2020, axustar os gastos correntes por servizos básicos, continuar incrementando os recursos de servizos e centros ligados á docencia e á investigación ou avanzar na consolidación e mellora das actuacións de investimento, entre outros obxectivos.

Programación

Na mesma sesión, presentouse o documento coa actualización de 2017 das  Liñas Xerais da Programación Plurianual 2015-2018 que tamén avalía o alcance dos obxectivos marcados no período 2015-2017. O documento presenta un informe executivo para cada bloque -planificación para edificios e instalacións; investimentos en infraestrutura de docencia e investigación, plans de investigación, comunidade universitaria…– coa actualización das liñas xerais para 2018, en base á revisión realizada de todas as accións que conforman a programación plurianual.

Plan de Melloras 17-18

Outros dos puntos da orde do día desta xuntanza é o Plan de Melloras 2017-2018 que segue a perseguir os obxectivos cos que foi deseñado inicialmente: apoiar a Programación Plurianual da USC e os procesos de seguimento e acreditación de títulos con accións de mellora centralizadas. O documento constitúe un “instrumento para poñer en valor a información recollida dos procesos de acreditación de títulos e certificación de centros docentes e vinculalos coa planificación estratéxica da institución”, explica a vicerreitora de Comunicación e Coordinación, Rosa Crujeiras.

LEDUS

A recente aprobación do Plan Estratéxico de Internacionalización 2017-2020, incorpora entre as súas primeiras accións a creación e desenvolvemento dun plan para a docencia de calidade en linguas estranxeiras. Neste contexto, a orde do día do Consello de Goberno incorpora a aprobación do regulamento de Linguas Estranxeiras na Docencia na Universidade de Santiago (LEDUS). O seu obxectivo é achegar un marco para a regulación dos programas a impartir en lingua estranxeira na USC, así como para a acreditación, formación e incentivación do persoal docente e do estudantado que participe neles.

O regulamente está en liña coas directrices marcadas polo Plan Estratéxico de Internacionalización 2017-2020 da propia institución e co Documento marco de política lingüística para la internacionalización del sistema universitario español da CRUE.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies