Reúnese o Consello Municipal de Educación de Silleda

0

Silleda, 27 de outubro de 2017.  O Consello Municipal de Educación de Silleda celebrou a que é a primeira xuntanza deste curso escolar.

Representantes dos centros escolares e das Anpas acudiron á convocatoria da Concellería de Educación, que dirixe Pilar Peón, para abordar distintas cuestións relacionadas co inicio do ano académico.

Entre as propostas presentáronse algunhas das actividades que organizará a Concellería de Educación nos vindeiros meses, coma o Museo Científico Infantil, que traerá a Silleda distintas actividades e máis de 70 obxectos científicos para o alumnado de 5 e 6 de Primaria e de Secundaria.

O Consello Municipal de Educación tamén abordou outras cuestións coma a Escola de Familia, proxecto que se iniciou o pasado ano, e que voltará cunha nova sesión de asesoramento e información aos pais e nais o vindeiro día 11 de xaneiro.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies