O Consorcio de Santiago adxudica as obras do Museo do Pobo Galego

0

Compostela, 26 de xullo do 2019 – O Consorcio de Santiago decidiu na última reunión, celebrada o pasado xoves, a adxudicación da obra de adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para uso do Museo do Pobo Galego.

A obra que permitirá dotar de novos espazos expositivos, oficinas e outros usos do Museo do Pobo Galego ten un orzamento de 2.735.901,56 €. A superficie útil resultante das obras é de, aproximadamente, 1.600 m2. A intervención vaise prolongar ata finais de 2020 e prevese que o novo espazo se inaugure de cara ao vindeiro Ano Santo 2021, unha vez completada a musealización.

Ademais da creación dun núcleo de comunicación vertical, intervirase nas fachadas desta ala sur do edificio. Así mesmo, melloraranse as condicións térmicas, con especial atención ás cubertas, que se van someter a unha renovación completa. Na obra programada polo Consorcio de Santiago inclúese a limpeza e restauración da fachada do atrio da igrexa de Bonaval, as súas carpinterías e as súas reixas históricas.

Reunión dos órganos do Consorcio

O Consorcio de Santiago celebrou o pasado 24, como todos os anos en esta data, a súa Comisión Executiva e o seu Consello de Administración. Ambas xuntanzas estiveron presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo. Así mesmo, asistiron a subsecretaria do Ministerio de Facenda, María del Pilar Paneque Sosa; o subsecretario do Ministerio de Fomento, Jesús Manuel Gómez García; e o conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez.

No transcurso das xuntanzas abordáronse temas de trámite administrativo. En particular, aprobouse a conta xeral do organismo e informouse do resultado favorable da auditoría. Pola súa parte, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, expúxolles aos membros do Consello de Administración do Consorcio os puntos máis relevantes do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021, presentado a semana pasada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial