займ срочно

O Consorcio restaurará o retablo neoclásico da capela da Pastoriza

0

Compostela, 11 de febreiro do 2018 – O Consorcio de Santiago acaba de sacar a concurso o servizo de conservación e restauración do retablo da capela da Nosa Señora da Pastoriza, por un importe global de 43.187,34 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 19 de febreiro para presentar as súas propostas.

O retablo neoclásico da Pastoriza é de madeira tallada e policromada, situado na cabeceira da capela. Ademais dos traballos de conservación e restauración deste ben moble, a empresa adxudicataria encargarase de redactar o proxecto de intervención no mesmo, os estudos previos necesarios e a memoria final. Incluirase unha análise histórica do retablo, a elaboración de mapas de modificacións e de variacións sufridas polo conxunto artístico ao longo do tempo, os mapas de danos nos que se van intervir, xunto á caracterización dos materiais que se van empregar en todo o proceso.

O conxunto someterase a un tratamento para facer fronte aos ataques de xilófagos e previr que se reproduzan no futuro. Así, consolidaranse as superficies atacadas de podremia e tamén as que afecten ao soporte. Restituiranse os volumes e molduras perdidos. E tamén se restaurarán os elementos metálicos de que consta a estrutura do retablo, ao tempo que se reparará a mesma.

Levarase a cabo unha limpeza xeral das superficies. En canto á cor, en función do estudo inicial, poderíase chegar á eliminación do repinte actual, co fin de reintegrar cromaticamente toda a superficie, labor que se realizará empregando pigmentos naturais.

Finalmente o conxunto da Pastoriza someterase a un tratamento especial que permita a súa protección e conservación futura. Nesta liña, os restauradores responsables desta intervención deberán presentar unha memoria detallada de mantemento do retablo.

Para a realización destes traballos de conservación e restauración do retablo da capela da Pastoriza requiriranse, ademais de restauradores, outros expertos, en particular carpinteiros con experiencia na restauración deste tipo de bens.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies