займ срочно

O Consorcio custodiará o legado de Estalote

0

Compostela, 14 de novembro do 2017 – O Consorcio de Santiago firma hoxe un acordo cos herdeiros do fotógrafo compostelán Ramón Sánchez Estalote para a custodia dos seus fondos.

Ramón Sánchez Estalote foi un fotógrafo ambulante de Compostela, afastado do traballo de estudo do que renegaba.  As festas, a feiras, a praza, calquera lugar que tivera movemento, que estivera vivo, era un bo sitio para atopar a Estalote traballando.

Durante sesenta anos retratou Compostela. Entrou con catorce anos a traballar en Fotos Gamallo, na rúa das Orfas, e mantívose en activo ata cerca dos 90 anos.

Nos anos vinte atopamos algúns dos seus primeiros traballos. Retratos dos alumnos das escolas da cidade ou grupos de visitas a Catedral. Despois da guerra civil, nos anos corenta, políticos e relixiosos cobran protagonista na súa cámara, desfiles militares e procesións.

O arquivo de Estalote consta de centos de negativos e fotografías, moitas veces usadas para postais nas que nin figuraba o seu nome. A finais do 2016 o Consorcio editaba un libro no que se recollen máis de 200 imaxes do fotógrafo, moitas da que serviron tamén para unha exposición e que agora, xunto con resto do fondo documental pasaran a ser custodiadas polo Consorcio.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies