O Consorcio conmemora o Día das Letras Galegas e o Día dos Museos

0

Compostela, 16 de maio do 2017 – O Consorcio de Santiago conmemora esta semana o Día das Letras Galegas e o Día dos Museos regalando libros aos visitantes da Casa do Cabildo.

Trátase de exemplares relacionados coa Literatura, a Arte e a Historia de Santiago. Os exemplares pertencen ás diferentes bibliotecas do Consorcio: a biblioteca facsimiliar, a científica, a biblioteca de divulgación, a literaria, a biblioteca de imaxes e a biblioteca infantil e xuvenil.

No é a primeira ocasión na que o Consorcio regala libros, o pasado 23 de abril, Día Internacional do Libro, durante as tres horas que estivo aberta ao público, a Casa do Cabido recibiu un total de 600 visitas, ás que tamén se lle entregaron publicacións do Consorcio.

As persoas que se acheguen estes días á Casa do Cabido terán ademais a oportunidade de facer un percorrido pola exposición de fotografías Mirando a cidade. Un paseo pola historia de Compostela, que mostra a evolución urbana da cidade de Santiago, dende a súa orixe ata a actualidade. Son un total de 61 instantáneas de 58 autores e autoras diferentes, integrados na Asociación Cultural Fotoforum Compostela.

 A Casa do Cabido abrirá o mércores 17 e o xoves 18 no seu horario habitual, de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 17:00 a 21:00 horas pola tarde.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies