O Consorcio de Santiago presentou un libro sobre a evolución da escaleira monumental na cidade

0

Compostela, 13 de xuño do 2018 – Este mércores presentouse na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, o libro De tiros, huellas y arrimos. Historia de la escalera monumental en Santiago de Compostela, que recolle a historia de este elemento arquitectónico na cidade.

O Consorcio de Santiago e Andavira Editora acaban de publicar Historia de la escalera monumental en Santiago de Compostela, o libro da historiadora da arte Miriam Elena Cortés López, que aborda a presenza de este elemento arquitectónico na cidade dende as súas orixes ata a actualidade.

No acto estiveron, ademais da autora, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo interadministrativo, Juan Conde; xunto á directora de Andavira Editora, Lucila Ventoso. O libro contou coa colaboración do fotógrafo Fuco Reyes, autor, entre outras, da imaxe da portada.

O libro nace da Tese doutoral de Miriam Elena Cortés, dirixida por Juan M. Monterroso Montero. O obxectivo do traballo era estudar a evolución, desenrolo, e comportamento artístico que experimenta a escaleira ao largo da historia, tomando como caso concreto as de Santiago de Compostela. A tese fala da importancia dun elemento arquitectónico que acaba por converterse en reflexo dos coñecementos técnicos e dos gustos estéticos que o ser humano experimenta  ao longo dos séculos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies