займ срочно

Coordinación, sensibilización e memoria para combater o consumo de heroína en Compostela

0

Compostela, 10 de febreiro do 2018 – O aumento progresivo, nos últimos anos, do consumo de heroína en Compostela foi recoñecido polo alcalde Martiño Noriega quen, a preguntas dos xornalistas, explicou como se está a actuar.

Ao remate da rolda de prensa da Xunta de Goberno preguntóuselle ao alcalde polas recentes declaracións de portavoces dos comerciantes do casco vello queixándose polo aumento do consumo de drogas na zona. Martiño Noriega explicou que o aumento do consumo de heroína é algo que esta pasando no só en Compostela se non a nivel nacional e en outros países.

O alcalde incidiu na necesidade de sensibilizar a poboación e non perder a memoria do sucedido na cidade nos anos 80 e 90. En esas décadas non era só a heroína se non que todo tipo de drogas circulaban por Compostela, os puntos de venda eran coñecidos e a violencia obrigou a que a policía local chegara a crear unha división específica, centrada na noite, e que acabou sendo coñecida como “los negros” polos uniformes que levaban.

Martiño Noriega explicou que a coordinación coa policía e a sensibilización é o camiño a seguir ” os que temos amigos maiores ou familiares e sabemos o que aconteceu con esa droga non olvidamos”

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies