Contas equilibradas nunha Semana Verde de récord

0

Silleda, 2 de xaneiro do 2019 – A Fundación Semana Verde presentou ao Padroado as contas que supoñen o quinto ano consecutivo sen perdas e con récord de eventos celebrados.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu a reunión do padroado da Fundación Semana Verde, que tivo como obxectivo principal aprobar as contas do 2017, facer un peche provisional das de 2018 e analizar o orzamento do vindeiro exercicio. A Fundación presentou de novo unhas contas equilibradas, de xeito que se prevé que o 2018 remate sen perdas. Pola parte da Xunta, a Administración autonómica volve manter o seu compromiso aportando case un millón de euros, tendo en conta as achegas directas, subvencións, colaboracións e participacións en feiras

De cara ao ano que comeza prévese un orzamento similar ao dos anos anteriores, no que se manteña de novo o equilibrio de ingresos e gastos e dotado cuns dous millóns de euros. Por outra parte, a Fundación conseguiu suscitar o interese doutra gran empresa galega xa que R será novo patrón-patrocinador.

Balance do 2018

Entre outros fitos do 2018, poderíanse destacar a clásica Semana Verde, que incrementou superficie expositiva, expositores e asistentes; a Central Agropecuaria, que subiu por cuarto ano consecutivo o número de animais e transacións económicas; a renovación, por catro anos máis, do patrocinio con Abanca; e a sinatura do contrato con Exponor, de Oporto, exemplo de cooperación transfronteiriza e que xa está dando os seus froitos co incremento en máis dun 60% da presenza de empresas portuguesas na Feira Abanca Semana Verde e de máis do dobre na Feira da Enerxía.

O obxectivo para 2019 é seguir consolidando este modelo, e conseguir, entre outros logros, que comece a funcionar o Museo da Fundación do Campo Galego. En definitiva, a liña marcada é continuar mantendo as orixes da feira, os seus sinais de identidade e seguir incrementando e diversificando a súa actividade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial