Continúa o parón do PXOM de Silleda

0

Silleda, 5 de xullo do 2018 –  O PXOM de Silleda segue bloqueado en Augas de Galicia e a iniciativa parlamentaria destinada a superar ese escollo estrelouse cos votos en contra do Partido Popular.

O alcalde da vila, Manuel Cuiña, lamentou que o PXOM sufrira outro revés e que a Iniciativa non de Lei presentada polo grupo socialista no saíra adiante pese a contar co apoio de tódolos grupos agás o PP. A proposta do Psoe pedía que a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio mediase entre as partes para que o Plan Xeral fora aprobado xa fora total ou parcialmente pero a iniciativa foi rexeitada. O PP argumentou que non se pode tratar de xeito distinto a un concello e que desde a Xunta pediron en varias ocasións que se enviara o expediente completo de novo. Para Cuíña trátase dun problema político  “xa que está sobradamente xustificada que a documentación que se remitiu a Augas de Galicia é valida e demostra sobradamente que temos tanto recursos hídricos como traídas legalizadas, algunha delas construídas con inversión da propia Xunta no seu día”.

Aprobación parcial e solicitudes sen resposta

O rexedor tamén lembra que o goberno municipal solicitou dende o pasado 3 de maio ata en tres ocasións reunirse coa conselleira de Medio Ambiente, da que depende Augas de Galicia para tratar de desbloquear a situación “Por iso resulta cando menos insultante que o grupo parlamentario do PP diga que é vontade do goberno autonómico apoiar e asesorar aos concellos cando levamos dous meses agardando a que nos dean unha cita”, engade. O alcalde sinala que xa no Pleno do pasado mes de maio se acordou por unanimidade instar a Xunta a tomar medidas, “que incluían a posible aprobación parcial do planeamento, algo que contempla a Lei e que sería factible neste caso, xa que non podemos ter a construción paralizada no rural durante todos estes anos porque digan que non temos xustificado que o municipio conta con recursos hídricos. Se realmente tiveran vontade de aprobalo como din xa terían plantexada a posibilidade da aprobación parcial”, indica.

Así mesmo Cuiña tamén advirte que a “rigorosidade legal” da que fala o PP para evitar sentenzas como a do Supremo que tirou abaixo os planeamentos de dúas localidades ourensanas “non pode ser unha excusa cando a propia Xunta está xa a preparar outra nova lei. Parece que estamos nunha ruela de difícil saída e a Xunta en lugar de axudarnos está a poñer máis trabas. Sabemos que a tramitación dun PXOM é longa pero en Silleda levamos once anos e xa vai sendo horas de que nos dean unha explicación convincente en lugar de escudarse en que o planeamento non se dilixenciou correctamente ou en sentenzas de municipios que nada teñen que ver co caso de Silleda”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies