займ срочно

Continúan as denuncias polo mal estado do Hospital Gil Casares

0

Compostela, 4 de xuño do 2019 – Comisións Obreiras ven de denunciar novos desprendementos no teito do hospital Gil Casares e a súa mala conservación en xeral.

A sección sindical de CCOO explica que o desprendemento no Gil Casares veu provocado por unha filtración de auga e tivo como consecuencia a inundación dun corredor. O sindicato sinala que «por sorte» non houbo danos persoais, xa que o dito corredor está situado na planta -1, no lugar de acceso dos carros de cociña, unha zona por onde tamén é frecuente a presenza do persoal, xa que é onde se localizan os vestiarios.

Comisións destaca que «non se trata dun feito illado», pois sucesos parecidos tiveron lugar o ano pasado, nos meses e xuño e outubro. O sindicato critica a falta de implicación da Xerencia na conservación do

hospital e insta a investir no seu mantemento «se non queremos lamentar unha desgraza algún día». As humidades e as filtracións son unha constante no centro hospitalario, que actualmente conta con dúas unidades de hospitalización, radioloxía e as consultas externas de dermatoloxía.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies