Ordes, 30 de marzo do 2019 – A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes acordou no pleno deste mes a continuidade da actividade da súa técnica de Cultura.
A continuidade da técnica de cultura está condicionada á subvención ofertada pola Deputación da Coruña, englobada no ‘Programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento e a creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura 2019’. O importe máximo de dita axuda ascende a 15.000 euros.

Un momento do pleno da Mancomunidade
Dende os seus inicios a Mancomunidade amosa un interese pronunciado pola xestión e a animación cultural. Concretamente a función que vén realizando a técnica cultural nos distintos concellos nos que presta o seu servizo (Trazo, Frades e Oroso) ocúpase de realizar todo tipo de xestións coas asociacións municipais, ademais de idear e organizar a programación de actividades culturais, formativas e de lecer para todos os sectores da poboación ao longo de todo o ano. Ademais de xestionar o voluntariado no Concello de Oroso.