займ срочно

Convento de San Francisco, séculos de axuda ao próximo

0

 reportaxe: Convento de San FranciscoEste ano celébrase o 800 aniversario da peregrinación de san Francisco de Asís a Compostela así que é un bo momento para facer unha reportaxe e  para pasear polos espazos que a historia do Santo deixou na cidade. A orde franciscana foi sempre un verso solto dentro da igrexa ou polo menos tiveron a súa propia rima, nos 44.000 metros cadrados do convento pódese notar esa vontade de aproveitar o tempo terreal axudando aos demais e buscando fórmulas para que nada se desperdicie.

reportaxe: Convento de San FranciscoO actual convento sitúase á beira do que foi a primeira igrexa que data dos séculos XIII e XIV, Sábese que cando no século XVIII afrontouse a construción dos edificios actuais esta estaba xa moi deteriorada pero aínda consérvanse restos que se poden ver no chan do actual Hostal Monumento, na noite dos tempos pérdese a historia da primeira ermida construída probablemente á beira dunhas cabanas na saia do monte Pedroso, na entrada consérvanse os restos de Cotolay, fundador do convento e que foi coetáneo do propio Asís.

reportaxe: Convento de San FranciscoHai 50 anos habitaban aquí máis de 100 frades, ao diminuír aos poucos este número as estancias foron quedando baleiras e nos 80 unha parte do edificio converteuse en residencia universitaria, posteriormente alugouse a unha empresa que foi a que puxo en marcha o primeiro hostal e hai 8 anos sofre o seu último cambio converténdose en hotel. Este aluguer de parte do lugar serve para soster ó conxunto patrimonial, o albergue e o centro cultural. A integración entre os dous mundos é absoluta até o punto de que no hotel podemos pasear por dous magníficos claustros, na parte superior dun deles é onde se atopan as habitacións dos frades sen que haxa unha división co convento, estando todo nun mesmo espazo.

reportaxe: Convento de San FranciscoDesde a impresionante igrexa de San Francisco accédese ao Museo de Terra Santa, unha xoia escondida para a maioría dos composteláns. Só hai outro museo como este en todo o mundo e atópase en Xerusalén. Nas súas salas podemos percorrer a historia destes lugares desde o paleolítico até os nosos días; moedas como os denarios ou un shéquel acuñado no ano 69 da nosa era, unha maqueta da basílica do Santo Sepulcro realizada a escala por un frade franciscano, pezas realizadas en nácar ou en madeira de oliveira, un tramo da canalización que mandou construír Poncio Pilato para levar auga de Belén a Xerusalén que data do século I… unhas 700 pezas expostas e unhas 1.000 máis gardadas, un auténtico tesouro patrimonial ao que dedicar unha xornada completa.

reportaxe: Convento de San FranciscoA última parte do convento é a que se dedica desde hai moitos anos a albergue e a centro cultural. Os franciscanos son a única orde da cidade que destina un espazo para as persoas sen fogar e na época invernal resulta sempre insuficiente. Na década dos 60 a orde deuse conta da gran cantidade de veciños que non podían acceder a unha formación e puxeron en marcha o Centro Cultural Xoán XXIII no que recibiron cursos moitas xeracións de composteláns, a crise aconsellou variar un pouco o perfil de alumnos e a orde centrouse en axudar principalmente a desempregados a formarse e buscar traballo, unha labor encomiable e probablemente non valorada o suficiente pola cidade.

O convento e todo o que o rodea é unha visita obrigada en calquera momento, coñecer ese patrimonio e o traballo que realiza a orde ensínanos que sempre hai algo que facer polos demais e que sempre hai alguén disposto a facelo, en moitas ocasións un franciscano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies