займ срочно

Convocatoria da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos

0

Teo, 16 de xaneiro do 2019 – Máis de 500 persoas están convocadas este venres á asemblea da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos para informar e debater sobre o novo proxecto da empresa.

Trátase dunha asemblea xeral ordinaria que terá lugar no restaurante San Martiño a partir das oito e media da tarde. A Plataforma Casalonga considera que o novo proxecto suporá a instalación dun macro vertedoiro tal e como lle trasladou Minas ao colectivo.

Na entrada da asemblea facilitarase a posibilidade de asociarse. O sentimento da plataforma queda ben reflectido no vídeo da canción “Únete” que o grupo Deseqilibrio mental compuxo para dar folgos á veciñanza nesta loita.

“A guerra só a gañaremos cando a canteira e a súa contorna, sexan quen sexan os propietarios, acompañen as nosas vidas no canto de ameazalas” reza o último libro das festas do Carmelo.

Máis información en  http://casalongalimpa.gal e no facebook Casalonga Limpa de Residuos .

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies