A Asociación Fútbol Base Santiago e Comarca organiza a Copa Camiños de Compostela

0

Bisbarra, 17 de abril do 2018 –  A delegación en Santiago da Federación Galega de Fútbol acolleu a presentación do I Torneo Internacional de Fútbol Base Copa Camiños de Compostela, que organiza a Asociación Fútbol Base Santiago e Comarca (AFBSC).

Á rolda de prensa asistiron o presidente da AFBSC, Vicente González; o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán; e representantes de cinco dos seis concellos nos que se celebrará a competición. Na presentación de Camiños de Compostela estiveron presentes Noa Morales, concelleira de Deportes de Santiago; José Miñones, alcalde de Ames; Carlos Martínez, alcalde de Vedra; Ramón Tojo, alcalde de Rois; e Jorge Carballido, concelleiro de Deportes de Teo.

Vicente González explicou durante a súa intervención a historia da AFBSC, que naceu hai case un ano froito das inquedanzas dun grupo de clubes da comarca dispostos a traballar conxuntamente polo ben do fútbol base “Nos últimos anos asistimos atónitos a unha pertinaz mala praxe no fútbol base modesto a hora de recrutar nenos, priorizando o aspecto competitivo sobre o educativo. Iso levounos a unha serie de clubs que manifestabamos a mesma problemática a dar un golpe sobre a mesa”, sinalou. González tamén apuntou os obxectivos da entidade, que pasan por fomentar as boas relacións entre os clubes e “acabar con este modus operandi de moitos deles que consiste en quitarse xogadores en idade de formación case en cadea co único pretexto de gañar partidos” esquecendo o fomento de valores como o compañeirismo ou a solidaridade.

Actualmente, forman parte da AFBSC os clubes: Milladoiro SD, Atlético Fátima, Amio SD, Calo SR, CD Rois, Escola Deportiva Santiago, Villestro SD, SD Compostela, Praíña Sporting Club, Cacheiras SD, SD A Baña, AD Burgo das Nacións, CD Belvís, Rácing San Lorenzo, UD Vista Alegre e CD San Mamed.

Torneo

Unha das primeiras propostas levadas a cabo pola AFBSC foi a organización da Copa Camiños de Compostela, que aspira a se converter nun referente do fútbol base galego e na que se premiarán non só os resultados senón tamén o comportamento e as conductas deportivas dos equipos participantes. Pablo Dono, do Praíña Sporting Club, explicou as características técnicas deste torneo que se celebrará do 4 ao 24 de xuño. A Copa Camiños de Compostela rexerase segundo as normas da FIFA e da Federación Española de Fútbol. Haberá tres modalidades de xogo: fútbol 11 masculino, fútbol 7 feminino e fútbol 8. Na primeira, disputaranse as categorías xuvenil, cadete e infantil. Na modalidade de fútbol 7 feminino, as rapazas inscritas competirán na categoría sénior. Por último, a modalidade de fútbol 8 incluirá as categorías prebenxamín, benxamín e alevín. A duración dos partidos variará en función da modalidade. No caso do fútbol 11, cada partido terá dous tempos de 35 minutos, mentres que no de fútbol 7 e fútbol 8, os partidos serán de dous tempos, de 20 minutos cada un.  Na Fase Previa (do 4 ao 15 de xuño), os equipos dividiranse en grupos de 4. Nesta primeira fase enfrontaranse nunha liga a unha soa volta. Na segunda Fase Final (do 16 ao 22 de xuño), o 1º e 2º de cada grupo clasificaranse para o Título, e o 3º e 4º de cada grupo xogarán para a Consolación. Esta segunda fase desenvolverase polo sistema de eliminación directa (copa). Por cada partido gañado os equipos obterán 3 puntos, un 1 no caso de empate e 0 se perderen o encontro. As finais (días 23 e 24 de xuño) desenvolveranse en Santiago de Compostela, nos estadios de Santa Isabel e San Lázaro. As competicións da Fase Previa xogaranse por proximidade nas localidades que colaboran co Torneo: Santiago, Ames, Teo, Rois, Vedra e A Baña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies