A Copa Galega Cadete de fútbol sala feminino para o Melide

0

Melide, 24 de abril do 2018 – O Melide de fútbol sala feminino ven de facerse coa copa de Galicia en categoría cadete nun partido disputado esta fin de semana en Marín fronte ao Cidade das Burgas.

O partido que definiu o gañador da Copa foi moi axustado. As xogadoras conseguiron con moito esforzo rematar 3 a 2 no que se converte no seu primeiro título oficial. Hai que dicir que o Melide de fútbol sala feminino leva en competición tan só dous anos, xa que era o ano pasado cando se fundaba.

A alcaldesa, Dalia García, amosaba unha vez máis o orgullo polo deporte melidense que demostra que “con traballo todo pode conseguirse. Non teño máis que palabras de agradecemento para estas rapazas que levan o nome da nosa vila por toda a nosa xeografía e que amosan que todo traballo dá os seus froitos”.

A Copa Cadete Feminina de Fútbol  Sala seráselle entregada ás rapazas nunha gala homenaxe que terá lugar ao final de tempada, previsiblemente no mes de xuño.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies