Corazóns e Bolechas para conmemorar o Día das Letras Galegas en Teo

0

Teo, 16 de maio do 2018 – O concello de Teo celebra o Día das Letras Galegas repartindo corazóns e coa visita dos Bolechas a Pontevea, nunha visita organizada polos empresarios da zona.

Os Bolechas en Pontevea

Os empresarios de Pontevea preparan para este xoves 17, Día das Letras Galegas, unha gran festa na que participarán Os Bolechas. Os seis irmáns e o inseparable Chispa estarán na vila teense entre as 16.00 e as 18.00 horas para saudar a todos os que se acheguen a gozar desta celebración que se estenderá ao longo de todo o día, xa que o programa de actos empeza ás 9.30 h cunha ruta de sendeirismo. 

Entre as 12.00 e as 14.00 h haberá pasacalles con música tradicional galega e ás 17.00 h comezará o Festival Infantil da Ponte Vella. Ademais durante todo o día haberá actividades infantís, canoas gratuítas e unha mostra con trinta casas exportadoras de produtos galegos. A organización facilitará o aparcamento de vehículos con catro áreas sinalizadas na propia localidade para que ninguén quede sen gozar desta gran festa.

Corazóns con mensaxe

O Concello de Teo realiza este ano unha acción de normalización lingüística que pretende facer visible a relación de María Victoria Moreno coa lingua galega, que consiste en repartir corazóns entre a comunidade escolar coa lenda “O meu co galego é unha historia de amor”, frase de María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018, ademais disto un globo, tamén con forma de corazón e con idéntica lenda, estará pendurado do teito de centros escolares e edificios municipais, no que a autora viaxa xunto con libros.

Este martes repartíronse corazóns no CEIP da Ramallosa, xa que durante o día de hoxe estarán nunha xornada de convivencia na Área Recreativa do Xirimbao e, hoxe mércores, véspera do Día das Letras, realizarase o reparto nos CEIPs de Calo e dos Tilos, no CRA e no IES de Cacheiras. Case 2.500 corazóns para lembrar a importancia do amor á lingua propia. Esta acción pretende dignificar a lingua como o fixo María Victoria, unha muller que non a sentía como propia ata que se asentou en Galicia e comprendeu a idiosincrasia do pobo galego, convertendo o seu co galego nunha historia de amor.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies