Corentena nas garderías (16/09/2020)

0

Bisbarra, 16 de setembro do 2020 – Despois dos gromos por festas familiares e mobilidade era cuestión de tempo que chegaran a colexios e garderías.

A semana pasada contabamos os casos das garderías Pontiñas en Lalín e unha das municipais de Teo e hoxe engadimos dúas máis. Negreira informa de un positivo nunha das aulas da escola infantil que obriga a por en corentena aos doce nenos que acoden a ela; ademais dos cativos tamén son confinadas unha profesora e unha coidadora. Os resultados das probas coñeceranse ao longo do día de hoxe. O resto das aulas non varían a actividade. Polo demais o concello segue en 21 casos positivos.

garderías

Imaxe de arquivo dunha gardería da bisbarra

Outro positivo deuse nunha escola infantil, da rede Galiña Azul, situada en Boiro. Os familiares, dúas profesoras e dous alumnos foron confinados como contactos estreitos aínda que non presentan síntomas. Tamén ao longo do día coñeceranse os resultados das probas realizadas.

As cifras por concellos que facilitaos en Lindeiros non saen da Xerencia do Sergas que só comunica datos globais distribuídos por áreas sanitarias. Os datos que facilitamos son recollidos por Lindeiros das informacións públicas dos concellos, de conversas directas con colaboradores ou de fontes de confianza; por esta razón pode haber pequenas variacións ao longo dos días.

O Deza segue pelexando contra os gromos. Lalín decidiu suspender este luns a festa das Dores e reducir o número de postos nas feiras. que serán só de produtos de primeira necesidade e plantas, estarán na Praza da Feira e manterán a maior distancia posible.

En Silleda detectouse un novo positivo pero déronse de alta a dous enfermos polo que o total de contaxiados queda en 28. A mala nova é que un dos positivos está ingresado na UCI do Clínico de Santiago.

No resto da bisbarra os gromos están controlados en xeral, polo que puidemos saber, e as cifras baixan. Ordes informa de 10 persoas en illamento domiciliario, A Baña ten once contaxios e Padrón están en 10.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial