O Coro de Nenos da Orquestra Sinfónica de Galicia no Noia Harp Fest

0

Noia, 1 de agosto do 2018 – O Noia Harp Fest continúa con concertos de Hirundo Maris, Susana Cermeño e o Coro de Nenos da Sinfónica de Galicia.

Logo do concerto de onte de Carlos Núñez e convidados, que desde días antes tiña todo vendido, o festival propiamente dito comeza hoxe. As sete da tarde o Nooia Harp Fest abrirá a xornada na igrexa de Santa María A Nova cun un concerto de Hirundo Maris, dúo formado pola arpista e cantante Arianna Savall (filla do coñecidísimo Jordi Savall) e o músico (e tamen cantante) noruego Petter Udland Johanssen, especializado en música antigua dende a Idade Media ata o Barroco, creación propia e early fusion. O núcleo creativo é a música mediterránea e nórdica.

Xa a partir das nove e media o Coliseo Noela acollerá a Susana Cermeño, catedrática de arpa no real Conservatorio Superior de Madrid. En 2011 grava, co Grupo Modus Novus, a obra Petit Ensemble Jaune de Jacobo Durán Loriga, para arpa e orquestra de cámara (Verso VRS 2113). Brilla tamén a súa interpretación da Sequenza para Arpa de Luciano Berio, que interpretou na integral das Sequencias ofrecida no Auditorio Nacional de Música polo grupo de cámara Proxecto Guerrero (antes “Proxecto Gerhard”), do que foi membro fundador.

Pero o concerto da xornada será o que a continuación dará o Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia acompañados da prestixiosa arpista galega Alba Barreiro que interpretará a obra de culto do compositor británico Benjamin Britten “A Ceremony of Carols”.

Este festival está organizado polo Concello de Noia co apoio da Deputación da Coruña e durará ata o próximo día 3.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial