Coronavirus, debate sobre a conveniencia de informar do número de contaxios por concello (31/08/2020)

0

Bisbarra, 31 de agosto do 2020 – O debate sobre a necesidade de informar do número de positivos en Coronavirus por concellos volve a actualidade cos gromos.

A Área Sanitaria Compostela Barbanza só informa dos datos xerais pero na rede un pode atopar concellos que informan día a día dos positivos por Coronavirus e outros que, pese a solicitalos de xeito oficial, non teñen acceso aos datos. O sucedido co centro comercial As Cancelas renovou o debate xa que o comunicado que explicaba o sucedido aparecía cando o rumor estaba moi estendido pola cidade. Lindeiros preguntaba por esto ao alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, quen pedía prudencia a hora de dar este tipo de información

No segundo concello máis grande da contorna, Ames, o alcalde José Miñones preguntaba aos seus seguidores en Facebook  pola importancia de informar

Abro un debate..
Qué aporta á cidadanía coñecer os datos de positivos dun Concello?
Extremar as medidas? Cambiar…

Publicada por José Miñones en Viernes, 28 de agosto de 2020

Ao día seguinte aclaraba que pese a que desde o concello se solicita esta información desde hai meses non son quen a obtela.

Hai uns meses solicitamos desde o Concello de Ames á Consellería de Sanidade que nos trasladasen información sobre casos…

Publicada por José Miñones en Sábado, 29 de agosto de 2020

Lindeiros.gal considera que, nas circunstancias actuais, é preciso informar como xeito de concienciar a poboación. Moitos dos gromos apareceron pola relaxación nas medidas preventivas e, ante o inicio do curso escolar, cobra maior importancia a información

As cifras por concellos que facilitamos en Lindeiros non saen da Xerencia do Sergas que só comunica datos globais distribuídos por áreas sanitarias. Os datos que facilitamos son recollidos por Lindeiros das informacións públicas dos concellos, de conversas directas con colaboradores ou de fontes de confianza; por esta razón pode haber pequenas variacións ao longo dos días.

Actualizacións

A situación na bisbarra parece estabilizarse pouco a pouco. Na fin de semana abría de novo a Cervexaría O Caldeirón en Muros despois de que todas as probas feitas aos empregados foran negativas.

Melide informa de 77 positivos en Coronavirus vinculados a distintos pobos da contorna e só 44 deles con tarxeta sanitaria no concello.

Santa Comba informaba no último bando, o día 28, de 34 positivos e advertía das medidas de control na fin de semana por parte das forzas de seguridade.

Negreira continua con 12 infectados a falta da confirmación dun positivo máis que Lindeiros coñeceu de xeito extraoficial.

Ordes pola súa banda non ten novos contaxios e mantén o número en 16 persoas en illamento domiciliario.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial