займ срочно

O alcalde da Baña confinado por contacto cun positivo (11/09/2020)

0

Bisbarra, 11 de setembro do 2020 – O alcalde da Baña estará confinado ata o día 21 por indicacións das autoridades sanitarias ao ser contacto estreito dun positivo.

José Antonio Pereira dou negativo na PCR realizada pero o feito de ser contacto estreito do traballador que dou positivo o pasado luns obriga a cumprir a corentena. O alcalde traballará de xeito telemático desde casa. A pandemia na Baña vaise estabilizándose e son actualmente 14 os casos positivos no concello.

O alcalde da Baña confinado por contacto cun positivo (11/09/2020)

O alcalde da Baña José Antonio Pereira

Tamén é boa a evolución nos concellos veciños da Baña; Santa Comba, que baixa a 20 contaxiados, e Negreira que está tamén en 20.

As cifras por concellos que facilitaos en Lindeiros non saen da Xerencia do Sergas que só comunica datos globais distribuídos por áreas sanitarias. Os datos que facilitamos son recollidos por Lindeiros das informacións públicas dos concellos, de conversas directas con colaboradores ou de fontes de confianza; por esta razón pode haber pequenas variacións ao longo dos días.

Traballadoras de escolas infantís de Teo tamén en corentena

O Concello de Teo informa que dúas traballadoras das escolas infantís municipais están en corentena preventiva. As dúas persoas estiveron en contacto cun positivo Covid no seu ámbito persoal e están agardando a realización dunha proba diagnóstica. Ningunha delas ten síntomas compatibles coa Covid-19 neste momento.

Lalín e o outro concello coñecido con casos en garderías. A Escola Infantil de Pontiñas ten un cativo e dúas traballadoras en corentena preventiva, a espera do resultado das PCR, por ser contacto estreito da nena que dera positivo. Na outra punta demográfica, a residencia Domus Vi, 2 novos positivos co que son xa 5 os contaxiados ademais de 4 traballadores. O concello supera de novo os 50 positivos activos.

Tamén no Deza Silleda estabilízase en segue con 15 casos activos. A Estrada pola súa banda súmase aos concellos que reducen os positivos e na actualidade ten tan só 5 pacientes confirmados.

Melide segue no bo camiño e o descenso de contaxiados, só 20 cando chegaran a superar os 40, permite reabrir o mercado dominical.

Os datos dados polo concello de Ordes a través do seu facebook son bos aínda que algo máis confusos. Según a publicación o número de positivos situase en 17 aínda que o número de trasladados a fora do concello pasa de 2 a 4; incluso contando eses dous que se moveron de domicilio o total de contaxios sería de 19 polo que a tendencia e de xeito claro á baixa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies