займ срочно

Corte de Tráfico en Bandeira polas Festas do Verán de Silleda

0

Silleda, 15 de agosto do 2018 – A estrada N-525 ao seu paso pola localidade da Bandeira volverá pecharse ao tráfico un ano máis con motivo das Festas de Verán.

O Ministerio de Fomento aceptou a solicitude formulada dende o Concello para proceder ao corte entre este venres 17 e a madrugada do lunes 20 próximo. Dende o goberno municipal agradécese á Administración central que volvan permitir o desvío do tráfico, unha medida moi necesaria por motivos de seguridade dada a gran afluencia de persoas que se achegan as Festas do Verán da localidade.

Ao igual que en anos anteriores, faise un chamamento á colaboración cidadá lembrando que está prohibido aparcar en todas as rúas nas que se habilitará o desvío (Fernando Penoucos, rúa do Parque e o tramo de Ramón de Valenzuela). Solicítase a colaboración cidadá para respetar as sinais de tráfico e lograr que as festas transcurran sen contratiempos.  Ademais de bandos informando dos cortes tamén se colocarán avisos para lembrar aos veciños e visitantes a prohibición de estacionar nas rúas nas que se habilita o desvío durante as tres xornadas.

Mañá xoves 16 quedará cortada ao tráfico a rúa Camilo José Cela (dende as 10:00 horas ata as 13:00 horas do venres, para a celebración do Bandeirock). Desde o venres ata a madrugada do luns quedarán cortadas ao tráfico ademais da rúa Xeral, o tramo entre rúa da Empanada e rúa Lavadoiro; rúa Lourás xunto a Travesía Vista Alegre; e todas aquelas rúas que rodean a praza da Feira.

Obradoiro de Danza, Bandeirock solidario e VIII Ruta da Empanadilla

O programa festivo da Bandeira arrancará xa o xoves 16 con distintas actividades. Ás 20 horas terá lugar o obradoiro de Danza e Arte Creativa que impartirá Máis que Danza, no marco do programa Aquelar, que comparten os Concellos de Silleda e Lalín.

Pouco despois comezará a oitava Ruta da Empanadilla, con máis dunha ducia de bares participantes e a animación da Charanga Chourizo Criollo. E na rúa Camilo José Cela volta unha nova edición do Bandeirock, que nesta ocasión ofrecerá un concertó especial da banda local Kona ke te fixo, co desfile de todos os seus componentes durante estes 20 anos. Tamén actuarán Salavelatoria, The Ron Jeremy’s Band,  e DJ Valdés.

As Festas continúan ata o domingo con música, actividades para os máis novos, o XXX Esmorga Folk, que reunirá a grupos de recoñecido prestixio o venres  e a 44 edición da Festa da Empanada o sábado 19 como prato forte.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies