Denuncian os continuos cortes de luz en Trazo

0

Trazo, 23 de setembro do 2017 – O BNG faise eco das constantes denuncias dos veciños sobre os constantes cortes de luz en Trazo que consideran inadmisibles.

O BNG esixe solucións inmediatas, realizando as tarefas que sexan precisas na rede eléctrica, aos cortes de luz en Trazo que se veñen producindo desde hai meses.

Trazo, xunto con parroquias de concellos lindeiros que se nutren do mesmo tendido, soportan constantes cortes de luz de diversa duración, desde uns poucos minutos ata varias horas, coas conseguintes molestias a toda a veciñanza no normal desenvolvemento da vida familiar, das explotacións gandeiras e actividades comerciais.

Martín Rei, concelleiro do BNG en Trazo, recorda que “xa se levou ao Pleno este asunto, o Partido Popular opúxose e decidiu non mover un só dedo, ademais as empresas eléctricas recibiron miles de euros en subvencións a través do Plan de Mellora Eléctrica de Galicia pero en Trazo segue sen solucionarse o problema”.

O BNG avanza que volverá a levar ao pleno municipal os cortes de luz en Trazo e, no caso de que o PP siga sen posicionarse, non descarta levar o problema ao Parlamento Galego. Os nacionalistas advirten tamén que non aceptarán escusas de “circunstancias excepcionais” nun corte como o do último temporal en xaneiro cando se viu claramente que os motivos da avería foron a falta de mantemento da liña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial