займ срочно

Denuncian pasividade ante os cortes de luz en Trazo

0

Trazo 25 de novembro do 2017 –  O Bloque Nacionalista Galego de Trazo ven de denunciar a pasividade do goberno local, do Partido Popular, ante os reiterados cortes de luz no concello.

A finais de setembro o BNG levou a pleno unha moción na que se pedía que o Concello instara ás empresas eléctricas a arranxar de xeito urxente os continuos cortes de luz e a tomar medidas legais se non se solucionaban os problemas antes de rematar o presente ano.

O BNG acusa ao Partido Popular de estar máis interesado nas compañía eléctricas que nos veciños como o demostra “o seu voto contrario a moción”. Martín Rei, portavoz municipal do BNG, manifesta que “no BNG seguiremos traballando para que os problemas se solucionen a pesar de que o PP prefira que nos quedemos sen luz antes que darlle un tirón de orellas a Fenosa”.

Os nacionalistas amosan a preocupación polo estado das liñas eléctricas en Trazo, xa que esta semana producíronse algúns cortes e falta de potencia en diversas parroquias do concello, o que supoñen que se debe ao pequeno temporal do mércores. O BNG explica que si chegan algunhas frontes fortes durante o inverno, o cal en Galiza sería a climatoloxía normal, volvan a  quedar varios días sen subministro e todo por falta de previsión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies