займ срочно

O Cortizo Anova presentou en Padrón o novo equipo

0

Padrón, 26 de febreiro do 2018 –  O Club Ciclista Padronés, Cortizo Anova, presentou aos corredores que formarán o equipo da 62º tempada de carreiras da formación.

O novo proxecto do Cortizo celebrou a súa presentación oficial nun acto no auditorio do Centro Social de Padrón ao que acudiron os corredores de todas as categorías.

O equipo, arroupado polas categorías inferiores e un salón de actos cheo, fixouse expectativas de mellora para este próximo curso cun equipo renovado e con novas incorporacións. Como obxectivos principais marcáronse como prioridades a Clásica de Pascua así como a Volta a Galicia e a Volta a Coruña.

Este ano, ademais, o equipo disputará a Copa de España, que dou comezo precisamente este mesmo fin de semana en Don Benito. Marc Sánchez foi o primeiro corredor do Club na xeral no posto 24 a un minuto do gañador, o ruso Savva Novikov do Lokosphinx, quedando o equipo no posición 14 da clasificación xeral.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies