O Cortizo Anova remata a tempada con 75 podios e 30 vitorias

0

Padrón, 15 de outubro do 2018 – O Club Ciclista Padronés Cortizo Anova despide a tempada 2018 con brillantes resultados en todas as súas categorías.

O Cortizo Anova participou en máis de medio centenar de carreiras, desde promesas ata elite e  sub23, cada fin de semana nas principais probas do calendario autonómico e estatal así como no noso país veciño, Portugal. En total, o equipo cultivou máis de 30 vitorias, ao redor de 75 podios, así como numerosos premios secundarios ( esprins especiais, premios de montaña e metas volantes).

Entre as vitorias máis importantes do ano, destacan:

Campionato Galego de Contrarreloxo: Aser Estévez e Samuel Branco, Campión e Subcampión Galegos de Contrarreloxo. Jesús  Nanclares, segundo na clasificación xeral.

Campionato Galego en Ruta: Anxo Lorenzo, Campión Galego en Ruta. Jesús  Nanclares foi o vencedor da proba e Jorge M. Montenegro, completou o podio en 3ª posición.

Clásica de Pascua: Raúl García de Mateos, vencedor da proba en casa.

Campionato Galego por Equipos: segundo posto en categoría cadete e terceiro posto en xuvenís.

Raúl García de Mateos, Campión de España de Dúatlon.

Ademais, seis ciclistas do equipo elite e  sub23 (Aser Estévez, Jesús  Nanclares, Anxo Lorenzo, Samuel Branco, Raúl García de Mateos e Marc Sánchez) representaron ao equipo nos Campionatos de España en Castelló en categoría elite masculina non profesional. Estévez quedou nun meritorio cuarto posto na proba contra o crono. Tamén  Uxío San Martín foi convocado para disputar o Campionato de España en categoría Junior e Bruno  Puceiro (infantil) e Laura Tenente (cadete) para os Campionatos de España Escolar.

O Club Ciclista Padronés un ano máis foi promotor de diferentes probas ao longo do ano, destacando a histórica Clásica de Pascua para elite e  sub23. Ademais, con medio centenar de corredores en todas as súas categorías, segue esforzándose no seu traballo coa base como alicerce fundamental para conseguir o seu éxito.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial