O Cortizo-Anova enfróntase a un importante test na Volta a Cantabria

0

Padrón, 2 de setembro do 2017 – O Cortizo-Anova inicia hoxe a súa participación na Volta a Cantabria, que constará de tres etapas.

Esta proba servira ao equipo dirixido por Jesús Branco Villar como test competitivo para a súa participación a próxima semana na Volta a Valencia e ao seu gran obxectivo de final de tempada, a Volta a Galicia.

O Cortizo-Anova comezará a súa participación na  Volta a Cantabria en Santander, será cunha cronoescalada individual de menos de 1 quilómetro que levará aos corredores ata a Costa da Atalaia. A segunda etapa será o luns pola tarde, cunha etapa de 149 quilómetros con saída e chegada en Maliaño, sobre un circuíto urbano ao que darán catro voltas con subida ás Presas e ao Churi. Por último, a rolda cántabra pecharase o martes cunha etapa de 143 quilómetros con saída e chegada en Vioño de Piélagos cun percorrido crebado no que destacan catro pasos puntuables polo Alto da Montaña.

O Cortizo.Anova acode á cita cos seus mellores homes: Aser Estévez, Jorge Martín Montenegro, Pedro Gregori, Raúl García de Mateos, Javier Canteiro, Paulo Silva e Gonzalo Cubino.

Trofeo AsturCántabroGalego

Pola súa banda os cadetes disputarán este domingo a última proba do Trofeo AsturCántabroGalego en Boiro. A proba, que constará de 52 quilómetros, será decisoria tamén da Copa Galicia, con Miguel Mera como líder a 16 puntos do segundo clasificado.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies