A compañía A Cova das Letras estrea en Silleda “Procúrase Pepa a Loba”

0

Silleda, 3 de outubro do 2018 –   Despois de A Fotógrafa, A Gata con Zocos, A Corva, e Mariñeiras, a compañía teatral A Cova das Letras volta a escea con “Procúrase Pepa A Loba”, unha particular versión sobre a figura desta bandoleira.

O vindeiro sábado ás 17:30 haberá unha preestrea de “Procúrase Pepa A Loba” na Casa da Xuventude (con aforo limitado) e a estrea oficial será o domingo 4 de novembro ás 12:00 horas no auditorio Manuel Dopazo.  “Dende a Concellería de Cultura estamos encantados de acoller unha vez máis unha obra desta compañía. Decir Cristina Collazo é decir creatividade, imaxinación, ela sabe como ninguén levar á escea distintos personaxes, neste caso dende un punto de vista feminista. Estamos seguros de que a súa versión nos vai sorprender”, indicou a concelleira de Cultura silledense Ana Luisa González durante a presentación.  Segundo a actriz esta versión adaptada para todos os públicos e visión actual do personaxe, segue a liña filosófica da compañía, coa reivindicación das figuras femininas tanto históricas como non,e  a súa reivindicación, tamén co rural como tema de fondo.

Mito , historia, conto e aventura mestúranse nesta adaptación. “O obxectivo básico desta aventura que mestura música e  danza e que ela o personaxe é perseguida porque ten algo que o resto non, un tesouro”, indica Cris Collazo, que quixo recalcar con esta aposta valores da figura de Pepa A Loba como a  amizade, rebelión feminina, “e tamén esa persecución que ás veces se da na sociedade das persoas que resultan incómodas”,  engade. Para a produción contou coa axuda do compositor Manuel Payno no apartado musical, escenografía de Luchi Iglesias, vestiario de La Canalla e fotografía a cargo de Pilar Abades, nunha obra con estética de  far west rural que lembra tamén aos Monty Python

Pilar Abades, que deseñou tamén o cartel cun gran peso na obra, lembrou durante a presentación o carácter reivindicativo co que naceu A Cova das Letras. “Somos mulleres e instalámonos no rural para facer algo que ao mellor se considera máis urbanita, cun plantexamento reivindicativo  que tamén pode cuestionar o que é realmente a cultura. As dúas cremos que é importante crear sinerxias entre as mulleres do rural, que nos coñezamos e nos apoiemos…”, agregou.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial