Sospeitan que se quere instalar un crematorio no centro de Lousame

0

Lousame, 6 de outubro do 2018 – O Partido da Terra de Lousame levou a pleno unha moción de urxencia para rexeitar solicitudes de instalación dun crematorio e a entrega de documentación relativa ao tanatorio actual.

Imaxe do tanatorio co rotulo de crematorio que foi posteriormente retirado

A alarma nos veciños, según o Partido da Terra, xurde cando no tanatorio situado no centro de Lousame colócase un rótulo de Crematorio que é retirado aos poucos días. De abrirse ese servizo nas citadas instalacións quedaría a 65 metros da casa consistorial, a 90 metros da Casa da Cultura, a 100 metros do maior parque infantil do municipio e a menos de 100 metros das vivendas mais próximas. O Pxom recolle ese terreo como núcleo rural polo, dado que a cremación é unha actividade contaminante, a Lei 34/2007 de 15 de novembro prohibiría a apertura en ese lugar.

O Partido da Terra aporta na moción presentada distintas sentenzas contrarias a instalación de este tipo de servizos en zonas próximas as vivendas pola potencialidade perigosidade e a incuestionable contaminación e molestias para a veciñanza.

A moción pedía no primeiro punto que a corporación manifestara o seu compromiso co benestar dos veciños rexeitando a instalación dun forno crematorio no núcleo de Porto Bravo. Instábase ao goberno municipal para que denegara calquera solicitude actual o futura de instalación. Tamén se pedía a entrega a tódolos grupos políticos, no prazo de tres días, de todos os antecedentes administrativos sobre a presunta instalación do crematorio e do actual tanatorio, incluíndo licenzas de obras, comunicacións previas ou informes sobre subvencións recibidas. Finalmente se solicitaba dar traslado a Consellería de Sanidade e a Xefatura territorial.

A urxencia da moción foi a probada pero non saiu adiante polos votos en contra do Partido Popular e do PSOE,que argumentaron que non existía aínda proxecto nin solicitude para tal instalación, mentres que só Partido da Terra e BNG votaron a favor”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial