Critican a pouco iluminación de Nadal en Teo

0

Teo, 27 de decembro do 2018 – O Partido Popular de Teo ven de emitir un comunicado no que critican a escasa iluminación de Nadal e din recoller as queixas de veciños e comerciantes sobre a cuestión.

Os populares acusan ao goberno municipal de deixar sen iluminación de Nadal a veciños e visitantes nunhas datas tan sinaladas. Según o PP “o concello de Teo pasou estás datas do 25 de Nadal coas rúas e prazas da vila sen ningún tipo de adorno nin luz que cree unha ambientación propia destas datas. Veciños e comerciantes, como xa o fixeran o ano pasado, volven de novo a trasladar o seu profundo malestar ao Partido Popular pola nula actuación do executivo local respeto á iluminación de Nadal”.

José Manuel Guerra, portavoz popular explica que “ningunha das zonas nas que se concentra algunha actividade comercial no Concello conta cunha soa luz de Nadal nin tampouco outra zona do municipio.  O bipartito, un ano máis, nos deixa sen a iluminación típica destas datas, deixándose levar pola súa ideoloxía política e sectaria, argumentando reiteradamente que se trata dunha celebración relixiosa e que, por conseguinte, debe ser a Igrexa quen coloque o que estime oportuno para esta celebración”.

Os populares fan especial fincapé na incidencia que ten a iluminación como estímulo sobre a actividade comercial, “máis aló das ideoloxías políticas ou relixiosas, unha vila cun bo ambiente, incita a pasear por ela e a facer as mercas de Nadal no comercio local, en vez de desprazarse ata as grandes áreas dos centros comerciais”, di Guerra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial