Critican o mal estado da parroquia de Cacheiras

0

Teo, 8 de marzo do 2019 – O Partido Popular de Teo denuncia o mal estado e abandono das zonas tanto do núcleo urbano como do rural de Cacheiras e acusan ao alcalde “desleixo permanente”.

Os populares explican que “Son escasas as inversións realizadas durante esta lexislatura en Cacheiras, proba diso é o estado actual do asfaltado en pleno núcleo urbano ou o abandono das beirrarúas”. Acusan ao goberno de non investir de igual xeito en tódolos lugares  “Pedimoslle á alcaldía que realice un reparto equitativo de fondos, non existen veciños e veciñas de primeira ou de segunda, ten que gobernar para todo o mundo. O fragante descoido que sofren a meirade parte dos viarios nesta zona é inadmisible”.

O PP de Teo lembra que non é a primeira vez que falan de este tema “É un problema que xa levamos denunciando dende hai tempo, son históricas reclamacións ás que o actual alcalde fai oídos xordos, a veciñanza de Cacheiras enfróntase cada día á precaridade infraestrutural. Parécenos inxusto o estado lamentable de estradas, beirarrúas e mobiliario público que teñen que soportar derivados dunha mala xestión do actual rexedor, máis preocupado polas imaxes e por cargar contra a oposición con argumentos incoherentes que por solucionar os problemas do seu concello”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial