займ срочно

Critican a pouca execución do goberno de Ames

0

Ames, 14 de xullo do 2018 – Pacto x Ames ven de emitir un comunicado onde critica a pouca execución do Goberno da vila que califican de “anecdótica” pola falta de licitacións desde marzo.

O grupo opositor denuncia tamén a constante publicidade de proxecto presentados anteriormente como a reforma dos pavillóns polideportivos de Bertamiráns e Milladoiro. Pacto explica que desde o 6 de marzo non hai licitacións e o último contrato menor, según a web municipal, data do 27 de abril cunha compañía de teatro. Tamén denuncian que a rendición de contas do ano 2017 tería que terse presentado en marzo e aínda non se fixo.

A formación considera que aludir a nova Lei de contratos é unha escusa xa que “A nova lei entrou en vigor o 9 de marzo con un retraso de case dous anos, polo que xa se sabían a maior parte das novidades que presentaba esta normativa. Mentres noutras administracións tomaron as medidas, tanto técnicas como organizativas, para que o impacto desta norma fora menor, en Ames, o tripartito enrédase en controversias provocando esta parada técnica, o que supón que no último ano non se sacara practicamente ningunha iniciativa”.

Para Pacto x Ames considera que o concello sofre  “unha parálise sen precedentes que está provocando que servizos fundamentais como a limpeza viaria e punto limpo, leven en prórroga dende que goberna o tripartito ou a prórroga do contrato coa Mancomunidade Serra do Barbanza, encargada da recollida do lixo, da que non hai visos. Si temos en conta que os últimos datos económicos coñecidos son os do ano 2016 onde o investimento foi o máis baixo da serie histórica dos últimos 10 anos con tan só 838.014 € e que da rendición da conta do ano 2017 nada se sabe, o panorama non pode ser máis desolador”.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies