Critican que Ames expropie de forma forzosa terreos no canto de chegar a acordos coa veciñanza

0

Ames, 9 de agosto do 2018 – Pacto x Ames ven de emitir un comunicado no que critica o xeito no que o tripartito que goberna acomete as expropiacións dos terreos para o novo colexio do Milladoiro.

O grupo de Ramón García Argibay explica que o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións foi aprobado hai seis anos polo que tívose tempo de resolver este problema. Según Pacto x Ames no ano 2013 as negociacións cos veciños afectados estaban moi avanzadas polo que non se entende que se faga agora de xeito forzoso no canto de rematar eses acordos.

Pacto asegura que a fórmula da expropiación forzosa úsase pola premura en ceder a Xunta de Galicia terreos para un novo CEIP ante a falta de prazas educativas pero lembra que hai tres anos que están gobernando. Considera que aprobar en esta época a expropiación é obrar de mala fe xa que o prazo de exposición pública é só dun mes a contar desde o 30 de xullo, data da publicación, e ” sabendo que agosto é un mes de escasa actividade polo que quedan as claras as intencións dun tripartito insensible ante a veciñanza e que utiliza as ferramentas legais dunha forma autoritaria e pouco ética”.

Nestes días xa están chegando as cartas coas notificacións aos propietarios afectados, que mostraron o seu malestar precisamente, entre outras cousas, por elixir o mes de agosto para iniciar este procedemento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial