Críticas aos alcaldes de O Pino e Touro pola actitude nos plenos sobre o mina

0

Bisbarra, 1 de abril do 2019 – A Plataforma Mina Touro o Pino NON ven de acusar aos alcaldes de ambos os concellos, e a Xunta de Galicia, de “pasarse a pelota das responsabilidades duns a outros” por respostar con evasivas as preguntas da oposición sobre distintas cuestións relacionadas coa mina.

O colectivo veciñal mostra nun comunicado o seu enfado pola actitude no Parlamentos e nos plenos municipais e di que “a conclusión que se pode sacar duns e outros é que será a cidadanía quen teña que seguir velando polo coidado do medio e a calidade das augas”.

O Pino e a Axencia de Legalidade Urbanística

Antes de que o pasado mércores, no Parlamento de Galicia, a Conselleira Ethel Vázquez defenderá o traballo de vixianza feito pola Xunta de Galicia tiña lugar un pleno no concello de O Pino. O edil socialista Óscar Vilar pregunta ao alcalde popular, Manuel Taboada, polas razóns de porque non se enviara a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o expediente de sanción completo aberto a empresa Cobre San Rafael por danos en bens de titularidade municipal. O rexedor só dixo que el non era o encargado de enviar o expediente e que non lle constaba de que non se enviara completo.

Touro e a ambigüidade

O alcalde de Touro, o popular Ignacio Codesido, tampouco concretou que xestións tomou o tomará con respecto aos traballos e os plans da mineira. Os edís do BNG, Xoán Antón Louzao e Sandra Beis, preguntáronlle polas sondaxes feitas no concello e as posibles sancións pero quen respondeu foi o secretario para dicir que está aberto un expediente pero que a empresa alega que non ten que pedir autorización e que si a Xunta considera a sanción non é leve deixa de ser competencia municipal. O vídeo coas respostas pódese ver na canle Youtube

Preguntado o rexedor pola localizacións das sondaxes e a comprobación do seu selado para evitar accidentes Codesido limitouse a dicir que “supoño que terán que ter un control do que fan”. Tampouco tivo respostas claras sobre o proxecto de drenaxe do río Portapego; preguntado por si se presentaran alegacións dixo que ““xa o fixo Aldea Nova ou Aldea Viva, non sei…[ ] para que queres alegacións, para que non se limpen os ríos? Augas de Galicia son os que teñen o problema”.

Pneumáticos ao carón do río

A concelleira socialista Gemma Verónica López preguntoulle por outra cuestión que preocupa a veciñanza, a presenza de pneumáticos abandonados ao carón do río presuntamente pola empresa. Codesido recoñeceu que levan así máis de 30 anos ao tempo que dicía que o concello leva o mesmo tempo defendendo os ríos e a contorna. Gabou a actitude da empresa mineira que “aínda sen saber se a empresa é a culpable ou non, esta presentou ante a Xunta un proxecto para obter a autorización debida para retirar os pneumáticos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial