SyngDoc: O mundo secreto dos Signátidos estrease en novembro

0

Compostela, 30 de agosto do 2017 –  O Consello Superior de Investigacións Científicas e Inxenia Audiovisual concluíron o documental SyngDoc: O mundo secreto dos Signátidos, tras seis meses de labor documental e de gravacións submarinas.

Este documental mergulla ao espectador nun mundo asombroso no que descubrirá aos signátidos,  unhas especies, cunha bioloxía descoñecida e sorprendente, cuxa evolución no tempo permitiulles adaptarse a novos ambientes no planeta e adquirir unhas características únicas no reino animal. Pero esas mesmas características fixéronlles moi vulnerables nunha contorna sometida a unha crecente destrución pola acción do ser humano. As consecuencias son graves e moi alarmantes para as poboacións salvaxes de moitas destas especies. O seu futuro depende do desenvolvemento de plans adecuados de sensibilización e de conservación.

O documental SyngDoc é unha iniciativa do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC, Vigo), a través do Grupo de Bioloxía e Fisioloxía Larvaria de Peces. Conta tamén coa participación do Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados (centro mixto CSIC -Universidade das Illas Baleares), a colaboración de investigadores das Universidades de Santiago de Compostela (Grupo Acuigen) e da Coruña (Grupo BioCost) e de científicos de Eslovenia, quen achegou as imaxes dos fósiles de signátidos máis antigos que se coñecen.

Cabaliño de mar

Cabaliño de mar

O coordinador do proxecto é o investigador Miquel Planas Oliver que explica “Pretendemos que a difusión do documental sexa o máis ampla posible e dirixida a calquera tipo de público. Para iso, estará dispoñible en varios idiomas e contará con subtítulos e adaptación para discapacitados auditivos. Está previsto que a estrea oficial sexa a finais de novembro en Vigo e pretendemos celebrar diversos actos e coloquios sobre o seu contido, en colaboración con diferentes institucións, así como a súa difusión en canles de televisión. Un dos nosos obxectivos tamén é presentalo nos principais festivais de cinema submarino do mundo “.

O documental ten como finalidade mostrar ao público en xeral que son os signáticos, as principais curiosidades sobre estas especies tan descoñecidas, a súa vulnerabilidade, derivada das súas características biolóxicas, ecolóxicas e da súa organización social e espacial, e a necesidade de protección.

O documental SyngDoc conta co financiamento da Axencia Estatal CSIC e da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía a través da Convocatoria de Axudas para o Fomento da Cultura Científica, Tecnolóxica e da Innovación 2016. Está patrocinado polo Museo do Mar de Galicia, Fundación Zoo de Barcelona, Getxo Aquarium, Aquagest Xixón e Disetecmar S.L. e colabora a Xunta de Galicia.

Ficha técnica de SyngDoc: O mundo secreto dos Signátidos

 

País: España

Idioma e subtítulos: Castelán, Galego e Inglés

Duración: 50 minutos

Financiamento: FECYT-MICINN e CSIC

Dirección: Pablo Garrido Villaverde

Música orixinal: Gimnazija Kranj Symphony Orchestra e Virandeira Folk

Realización: Inxenia Audiovisual

Guión: María Rey Rodríguez e Miquel Planas Oliver

Imaxe submarina: Manuel E. García Branco, Felipe Escolano Gutiérrez, John Turnbull e Pang Quong.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial