Cualifican os orzamentos de Padrón de faltos de previsión por non contar coas 70 demandas presentadas polos traballadores

0

Padrón, 2 de febreiro do 2019 – Duras críticas do BNG aos orzamentos do concello de Padrón aprobados en pleno o pasado xoves grazas a maioría de Partido Popular e Partido Galeguista.

O BNG de Padrón explica que “son orzamentos de rutina, faltos de previsión e de ambición. Son orzamentos que non contemplan as nesidades urxentes de Padrón”. Os nacionalistas lembran nunha nota de prensaque Padrón segue en aguda caída demográfica (8386 habitantes a 1 de xaneiro de 2018, 77 menos que o ano anterior) e que o comercio do casco está a atravesar un momento moi duro.

Destacan os nacionalista a falta previsión porque non se contemplan as cuantías das indennizacións aos traballadores do concello que por sentenza xudicial se lle están a recoñecer. O BNG considera que o goberno municipal négase a reconocer unha situación de conflito coa plantilla municipal, logo de que os traballadores presentansen 70 demandas contra co concello. O voceiro Xoán Santaló indica que “a realidade é que o concello terá que facer un importante desembolso económico e son polo tanto unhas contas maquilladas e irreais”.

No capitulo de investimentos o BNG bota en falta uns orzamentos ” que pemitan un impulso da actividade económica e revirtan a tendencia dos últimos anos. Falta un plan para o proxecto de humanización do casco vello que tiña que acompañar á peonalización; non hai dotación para a sinalización dos aparcamentos e puntos de información sobre os mesmos e tivo que aprobarse, posteriormente, unha moción do BNG con esta finalidade”.

O Bloque reivindica tamén que desde o concello se lance unha campaña potente a prol do comercio local en colaboración co sector e demandou que se mellore o transporte público coas parroquias, que o concello se dote de instrumentos de control ambiental (o concello contra con 6 polígonos industriais) e un verdadeiro programa para recuperación e dinamización do mercado municipal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial