займ срочно

Cuestionan as sancións impostas pola Policía Local de Padrón

0

Padrón, 23 de xaneiro do 2021 – O Psoe de Padrón ven de emitir un comunicado no que cuestiona algunhas das sancións impostas ola Policía Local de Padrón.

concello de PadrónO Grupo Municipal Socialista analizou as propostas de sanción realizadas pola Policía Local durante o ano 2020. Explican que realizáronse un total de 600 propostas de sanción das que 549 foron motivadas por infraccións da normativa de tráfico, 49 por infrinxir as restricións establecidas como consecuencia da crise sanitaria de COVID19, e 2 por infraccións da Lei de Protección da Seguridade Cidadá (LO 2/2015, de 30 de marzo).

O Psoe destaca que o 92% das propostas de sanción realizadas están relacionadas con infraccións de tráfico, o 8% con quebrantamentos de medidas COVID19 e menos do 1% con delitos ou faltas de seguridade cidadá.

Sancións derivadas da pandemia

Sobre as sancións motivadas polo incumprimento das restricións derivadas da pandemia os socialistas poñen o acento en que a meirande parte delas foron nos meses de marzo e abril, durante o período de confinamento.

Desde maio ata decembro realizáronse 7 propostas de sanción. Sete propostas de sanción en oito meses por quebrantamento de medidas COVID. O 68% a persoas de fora do concello e o 32% a padroneses.

Os socialistas engaden que destas 49 propostas de sanción por incumprimento de medidas COVID19, 46 foron realizadas a persoas e 3 a un establecemento de ocio nocturno.

O Psoe parte de estes datos para elaborar unha serie de preguntas que poñen en cuestión as sancións da Policía Local, e que levarán ao seguinte pleno municipal. Os socialistas queren saber si existiu un control suficiente das medidas; si hai directrices políticas relacionadas coas sancións a cidadáns de Padrón, o que é unha acusación de uso político da Policía Local; e finalmente si esta falta de control tivo algunha incidencia nos niveis de contaxio do concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies