займ срочно

A Cultura Clásica levará obradoiros e xogos a facultade de Filoloxía

0

Compostela, 24 de abril do 2018 – Este mércores 25 de abril a sección galega da SEEC (Sociedade Española de Estudos Clásicos) organiza na Facultade de Filoloxía os III LVDI COMPOSTELLANI, xornada que toma o seu nome das antigas festas romanas, ludi, na cal a cultura clásica será a protagonista.

A partir das 11.00 da mañá alumnado e profesorado de Filoloxía Clásica e Historia da USC, IES Arcebispo Xelmírez II (Compostela), IES Manuel García Barros (A Estrada), IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e IES de Melide realizarán obradoiros de gladiadores romanos, hoplitas gregos, moda clásica, cociña romana, escritura antiga, micro teatro clásico, grafitos de amor pompeianos, danza e xogos do mundo antigo para alumnado doutros centros. Ao mesmo tempo, de 11.00 a 13.00 terá lugar unha xincana mitolóxica na zona monumental compostelá, con saída da praza do Obradoiro. Os descansos amenizaranse con pequenos espectáculos de danza grega, teatro e unha Regueifa entre filósofos gregos e alemáns, a cargo do grupo de teatro Teiroa do IES de Melide.

A partir das 17.30 procederase á entrega de premios aos gañadores e gañadoras da IV Olimpíada de Tradución de Textos latinos e gregos, presidida pola Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez e autoridades académicas. Gran parte do alumnado e profesorado acudirá a esta cita caracterizado como gregos e romanos para, xunto co mobiliario de inspiración clásica fabricado polo Ciclo de Madeira do IES de Melide, transformar a Facultade de Filoloxía nun ágora grega ou nun foro romano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies