займ срочно

Cultura no Camiño levará a  Ames o I Encontro de jazz

0

Ames, 25 de maio do 2018 – O concello de Ames presentou, no Pazo da Peregrina, a primeira edición do Encontro de jazz do Concello. Unha iniciativa cultural que se desenvolverá nos exteriores do Pazo o próximo sábado, 9 de xuño, e na que actuarán os grupos locais, pero de sona internacional, Sumrrá e Pablo Castaño Quartet.

A presentación do Encontro de jazz correu a cargo do concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, de Pablo Castaño, membro do grupo Pablo Castaño Quartet, e de Xacobe Martínez, integrante do grupo Sumrrá. O obxectivo do Concello de Ames é ir consolidando e fortalecendo este evento, así como ampliar a organización de outras actividades relacionadas co jazz, para tratar de poñer en valor esta disciplina musical, tendo en conta a calidade artística que existe  en Ames. O concerto está dentro da programación de Cultura no Camiño, unha serie de eventos vinculados as rutas xacobeas e impulsados desde a AGADIC.

Xacobe Martínez, integrante do grupo Sumrrá, explicou que “sempre que nace unha nova iniciativa deste tipo para poder achegar a nosa música ao público é fantástico. Nós, ademais, que somos veciños de Ames fainos especial ilusión actuar aquí. Ao mesmo tempo é unha responsabilidade para nós porque é o primeiro Encontro de jazz que se fai en Ames, pero estamos encantados de que dende o Concello entenderan que é necesario un evento deste tipo. Creo que vai ser unha noite máxica no Pazo da Peregrina porque ten un recollemento ideal e unha acústica moi boa. Danse todas as circunstancias para que sexa unha gran noite de jazz”.

Sumrrá é un trío de Jazz galego, formado en 2000 por Manuel Gutiérrez ao piano, Xacobe Martínez Antelo ao contrabaixo, e LAR Legido á batería. En 2014 recibiu o Premio Martín Códax da Música na categoría de jazz / músicas improvisadas. No concerto que ofrecerán Ames presentarán o seu último disco e segundo dixo o propio Xacobe Martínez “é unha boa oportunidade para escoitar a música que nós facemos”.

Por outra banda, Pablo Castaño, membro do grupo Pablo Castaño Quartet, incidiu en que “Ames ten un gran potencial a nivel musical. Aquí no noso concello hai unha gran cantidade de músicos. Este evento servirá para que a veciñanza se achegue ao jazz e a músicos locais que viven neste concello. Estou dobremente contento por tocar en Ames e porque estou presentando o meu primeiro CD e vou poder facelo aquí. A presentación será o día 2 de xuño no Teatro Colón, na Coruña, e de seguido xa chegaremos a Ames para presentalo aquí tamén. Vai ser unha noite máxica xa que o Pazo da Peregrina vai a estar especialmente iluminado para este Encontro de jazz que seguramente será un éxito”. O cuarteto de Pablo Castaño está composto por saxofón, piano, contrabaixo e batería.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies