займ срочно

A Banda de Música Cultural de Teo gaña na sección primeira, e a Banda de Música de Sanxenxo na sección segunda do XI Certame Galego de Bandas de Música

0

Bisbarra, 27 de novembro do 2017 – A pasada noite a Banda de Música Cultural de Teo proclamouse gañadora da sección primeira (bandas de máis de 70 músicos) do XI Certame Galego de Bandas de Música.

Teo

O evento foi organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Popular (FGBMP), co apoio económico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través de AGADIC, e a colaboración do Concello de Santiago de Compostela e a CRTVG no Auditorio de Galicia. A Banda de Música Cultural de Teo, dirixida por Álvaro Varela Ferradáns venceu na sección primeira con 316 puntos. O segundo posto foi para a Banda “Sons e Soños” de Rábade-Begonte-Outeiro de Rei, con 292,5 puntos, que a súa vez fíxose co premio á mellor interpretación dunha obra de temática galega.

Rábade Begonte Outeiro

Pola súa banda, a Banda de Música de Sanxenxo, baixo a batuta de Javier Alonso Pérez, resultou gañadora na sección segunda, por diante da Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, que rematou en segunda posición, e da Agrupación Musical da Limia, premio á mellor interpretación dunha obra de temática galega. Na sección primeira, a gañadora será recompensada con 2300 €, a segunda clasificada recibirá 1500 € e a terceira 1000€. Mentres que na sección segunda os premios ascenden a 2100 € para a banda vencedora, 1400 € para a segunda e 900 € para a terceira.

Caldas de Reis

O xurado internacional conformado polo compositor Juan Durán, o compositor e director Ferrer Ferran e o compositor Laurence Roman, emitiu os seus veredictos tras valorar afinación, planos sonoros, ensamblaxe, calidade sonora, técnica, dinámicas, articulación, musicalidade e interpretación xeral da obra, de cada unha das bandas participantes. As cinco bandas interpretaron un pasodobre (fóra de competición), unha obra libre e unha obra de carácter obrigatorio: ‘O nubeiro’ de Esteban Zapata para as da sección primeira, e ‘Areal da Alba’, tamen de Esteban Zapata, para as da segunda. A obra libre defendida pola Banda de Música Cultural de Teo foi ‘-Estrasantico‘, de Simón Couceiro, e o pasodobre ‘Pusiano’, tamen de Couceiro. Mentres que a Banda de Música de Sanxenxo optou pola obra libre ‘Angels in the Architecture’ de Frank Ticheli, e o pasodobre ‘Pusiano‘, de Simón Couceiro.

 Acto de clausura

A Limia

Ao rematar a competición, fíxose entrega dos premios ás bandas galardoadas. Durante este acto estiveron presentes o presidente da FGBMP, Armando Morales, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o director da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil e o delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro.

Durante o acto fíxose entrega dos premios do X Concurso Galego de Composición. A obra galardoada co primeiro premio na sección primeira foi ‘Suite Historia’ de Gerardo Israel Quintas Alonso, quedando como finalista ‘Noite de San Xoán de Robert Alan Ely’. Na sección segunda impúxose Christian Overhead con ‘Lendas do Monte Pinto’, e a obra finalista foi ‘A cova sumerxida’ de Carmen Rodríguez Rodríguez. Por último, na sección terceira, o primeiro premio quedou deserto e foi recoñecido como finalista Lois Pimentel Iglesias, gracias a ‘As dúas en punto (A hora de rebeldía)’.

Dende a FGBMP retransmitíronse as dúas xornadas de competición vía streaming e a través das redes sociais, nas que centos de cidadáns compartiron o seu amor pola música galega. Péchase así un Certame que por undécimo ano consecutivo achegou a música á cidadanía e renovou o seu compromiso coa cultura galega e coa formación de novos músicos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies