Culturmar converteu o Obradoiro nunha mariña seca

0

Compostela, 5 de outubro do 2018 – A praza do Obradoiro converteuse por unha semana nunha mariña seca grazas a exposición que conmemora os 25 anos da asociación Culturmar que hoxe remata.

Foi en 1993 cando a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Culturmar, comezaba un traballo de recuperación que chega en este 25 aniversario con 300 embarcacións recuperadas en toda Galicia. Desde sempre serviron para o transporte de persoas ou mercadorías ou para a pesca, xa fora en río ou nas rías. Os cambios nos usos polo avance da sociedade ou por alteracións nos ecosistemas, como no caso da construción de encoros, fixeron que pouco a pouco foran desaparecendo. O traballo da asociación permite que agora se recupere esa parte da historia da navegación galega.

Outra das iniciativas de Culturmar que pronto se conseguirá será a declaración como BIC, Ben de interés cultural, o traballo dos carpinteiros de ribeira. Afastados da idea de asteleiro estas instalacións eran comúns nas veiras dos ríos ou nos pequenos pobos costeiros. Os carpinteiros de ribeira transmitiron de xeración en xeración os principios da construción de barcas, adaptándoa aos tempos e as novas necesidades.

A exposición do Obradoiro déixanos unhas imaxes dunha Compostela pegada ao mar, unha cidade na que a volta de que calquera rúa pode estar o mar. Coma homenaxe ao mestre Mateo tódalas proas colocáronse apuntando a un punto concreto do Pórtico da Gloria, convertendo por unha semana o espazo en esa mariña seca na que, aínda que sexa na nosa imaxinación, puido atracar a barca de pedra do Apóstolo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial