займ срочно

Curso de Lingua Galega organizado pola Mancomunidade de Ordes

0

Ordes, 27 de setembro do 2017 – O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes (SNL) anuncia a convocatoria dun novo curso de lingua galega.

O nivel de Lingua Galega que se impartirá será o básico, estando especialmente orientado a persoas estranxeiras ou aquelas que nunca realizaran estudos. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro 11 de outubro. Para apuntarse basta con poñerse en contacto co SNL, situado nas oficinas da Mancomunidade de Ordes nos baixos da alameda.

O dito curso será gratuíto e impartirase os martes e xoves comprendidos entre o 17 de outubro e o 7 de decembro. O horario será de 10 a 12.30 horas e o lugar de realización escollerase en función do concello que rexistre máis solicitudes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies