Curso sobre o método Montessori de educación en Negreira

0

Negreira, 13 de febreiro do 2019 – Por primeira vez o concello de Negreira acollerá un curso sobre o método de educación Montessori.

O libro o Método Montessori foi publicado pola doutra e mestra María Montessori en 1924. Caracterízase por adaptarse as potencialidades de cada alumno e ao seu nivel de desenrolo. O método basease no traballo do alumno e a observación por parte do mestre; para Montessori a escola non é un lugar no que o profesor imparte coñecementos se non un no que se desenvolve a intelixencia do neno.

A nicrariense Ana Vieito, Guía Montessori, será a responsable da coordinación de estes talleres. As xornadas terán lugar ao longo de tres módulos repartidos en tres meses, unha fin de semana por mes. @s profesionais da ensinanza, e calquera outro colectivo ou particular que o desexe, coñecerá o devandito Método, os principais postulados e sobretodo, a sua aplicación práctica na vida diaria

A primeira das xornadas terá lugar o próximo día 23 e tratará sobre a importancia do seis primeiros meses de vida do neno. O segundo será o 9 de marzo e versará sobre a formación da persoalidade, o temperamento e o carácter. O último dos talleres será o 6 de abril e tratará sobre o acompañamento emocional, as liberdades e os límites.

Pode atoparse máis información sobre as inscricións na web www.ioga.com .

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial