Cursos de fotografía e son no concello de Teo

0

Teo, 5 de decembro do 2018 – O Espazo de Traballo Colaborativo de Solláns, en Teo,  acollerá un curso de edición fotográfica e outro de gravación e edición de son.

O curso de fotografía será do 10 ao 14 de decembro e o de gravación e edición de son prográmase do 17 ao 21 de decembro. Nos dous casos serán de 17:30 a 20:00 horas. O derradeiro día rematan media hora antes.

Cada un dos cursos dispón de vinte prazas. Para anotarse hai que enviar un correo a emprego@teo.gal achegando copia do DNI e indicando teléfono de contacto e a ocupación (desempregado, estudante, outros…). O curso fotográfico admite anotacións ata o 7 de decembro ás 14:00 horas e o de son do 10 ao 14 tamén ata as 14:00 horas.

Se as solicitudes superan as prazas dispoñibles os aspirantes terán prioridade atendendo aos seguintes criterios:

Residente no Concello de Teo

Ocupación (desempregados, estudantes e o resto, nesa orde)

Data de inscrición.

O día 7 publicarase unha listaxe das persoas admitidas no curso de fotografía e o 14 as admitidas no curso de edición de son.

O curso de edición fotográfica ensinará o manexo e axustes da cámara, os trípodes e outros utensilios. Tamén se ofrecerán clases sobre iluminación, de retoque fotográfico básico con Gimp e de revelado dixital de fotografía capturada en formato RAW (darktable).

O curso de gravación e edición de son ensinará a utilizar equipos de captura, a edición con Audacity, e a produción, elaboración e publicación de podcasts e radio dixital.

En ambos os dous cursos é preciso levar ordenador portátil propio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial