займ срочно

20 nacionalidades nos cursos de lingua e cultura galegas da USC recibirán este ano alumnado de máis de

0

Compostela, 27 de xuño do 2019 –  A XXXII edición dos Cursos de lingua e cultura galegas ‘Galego sen fronteiras’ contará con preto de 70 estudantes procedentes de máis de vinte países de catro continentes.

O programa dos cursos de lingua e cultura galegas desenvolverase en Santiago de Compostela do 2 ao 24 de xullo. Combinaran, como é costume, clases teóricas e prácticas con palestras, excursións e obradoiros.  O Instituto da Lingua Galega da USC e a Real Academia Galega co organizan estes cursos co apoio da Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

cursos de lingua e cultura galegas da USC

Imaxe de Loli Fernández

O programa é co dirixido polo secretario da RAG, Henrique Monteagudo, e o director do ILG e tamén académico, Xosé Luís Regueira. Representantes de todas as institucións implicadas recibirán o alumnado na inauguración dos encontros, que terá lugar o martes 2 de xullo ás 12.30 horas na Facultade de Filosofía. 

Os estudantes da nova edición proceden de Rusia, Finlandia, Hungría, India, Irán, Madagascar, Romanía, Alemaña, Arxentina, Austria, Brasil, Cuba, República Checa, Inglaterra, Gales, Estados Unidos, Polonia, Italia, Portugal, Venezuela e distintas comunidades autónomas de España.

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, impartirá a conferencia inaugural o xoves 4 de xullo na sede da institución, na rúa Tabernas da Coruña, nunha xornada na que o alumnado tamén terá a oportunidade de visitar a Torre de Hércules. O calendario de palestras continuará a semana que vén co escritor, músico e produtor Antón Reixa, cunha intervención sobre a produción audiovisual como promoción de normalización lingüística; a música Paulina Ceremuzynska, que ofrecerá un achegamento ás cantigas medievais galegas; e un relatorio do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, titulado ‘Rosalía en Camiño’. A semana seguinte será a quenda da directora de Vinte, María Yáñez, que abordará as oportunidades e os desafíos para a lingua nos medios de comunicación; do contador e poeta Celso Sanmartín, así como do actor e director teatral Quico Cadaval e o arqueólogo José Suárez Otero, que impartirá unha conferencia sobre as orixes do Camiño de Santiago.

Os participantes nos XXXII Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” poderán participar ademais en obradoiros de música e baile tradicional e realizarán unha excursión a Fisterra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies