займ срочно

Curtocircuito comeza coas actividades online tras a inauguración

0

Compostela, 5 de outubro do 2020 – Tras o comezo de Curtocircuito o pasado sábado, cunha gala na Sala Capitol, hoxe luns comeza o seu programa de actividades.

Hoxe luns Curtocircuito estrea a súa proposta online que se poderá seguir a través das súas redes sociais, Facebook, Twitter e Instagram. Será as doce do mediodía coa mesa redonda Escolas como centros de produción cinematográfica na que participarán os ideólogos e xestores Luís Ferrón – ECAM, Carlos Muguiro – EZQE e Jordi Balló – UPF e os cineastas Gabriel Azorín, Chema García Ibarra e Neus Ballús.

Curtocircuito

Inauguración de Curtocircuito o pasado sábado

Xa pola tarde, ás 16:00h. será a quenda dos fotógrafos Ricardo Cases, Antonio Xoubanova e Cristina de Middel na mesa redonda dixital Fotografía: ficcións e simulacións.

Un pouco máis tarde e de forma presencial terá lugar unha nova sesión de Sección Oficial RADAR. O Teatro Principal acollerá ás 19:00 h. as proxeccións de Waste non6: How great (Jan Ijäs; Finlandia; 2019) e Bugs & Beasts Before the Law (Sharlene Bamboat, Alexis Mitchell – Bambitchell; Canadá, Alemaña, Reino Unido; 2019), que tamén poden verse en Filmin, sede online de Curtocircuíto este ano.

Fotograma de Bugs & Beasts Before the Law de Sharlene Bamboat e Alexis Mitchell (Bambitchell) Pechará a xornada a posta en marcha da sección Planeta GZ, competición que aglutina proxeccións galegas e que nesta primeira sesión mostrará os traballos Reality (2020) de David Fidalgo Omil, Todo el mundo se parece de lejos (2019) de Rafa dos Arcos,  Hai unha virxe alí arriba (2020) de Brandán Cerviño, Onde dormen as gaivotas (2020) de Dani Cornes, La penumbra (2020) de Dani Viqueira e Mare (2020) de Guille Vázquez. Contará ademais coa presenza dalgúns dos seus directores e directoras, que falarán tras o pase co público sobre as súas obras.

Outro momento da inauguración

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies