займ срочно

Os concertos dos D’abaixo e de Noe González no Feito a Man do luns

0

Compostela, 14 de agosto do 2017 – En este luns entre festivos o feito a Man encárgase de que o día sexa tamén de festa con dous bos concertos a cargo de Os D’abaixo e Noe González & Grüvzilla.

O Feito a Man aproxímase ao ecuador do festival mentres espera polo primeiro dos concertos homenaxe de esta edición. Será o dedicado a Angus, membro de Shooglenifty, e terá lugar o próximo domingo coa presenza da banda xunto con tanxugueiras e a Banda das Crechas.  As entradas xa están a venda en https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/praza-da-quintana/7658–noite-para-angus-tanxugueirasbanda-das-crechasshooglenifty.html e nos locais da zona vella.

Hoxe luns a cita comeza as oito da tarde na Praza dos Gatos con Os D’baixo

Os d’Abaixo presentan ‘Quixera ser dos paxaros’, o seu segundo disco, primeiro de estudio, composto por temas inéditos provintes dun gran traballo de investigación, ao que tamén se dedica a banda. Un disco máis intimista onde o compoñente estético ten moito peso, tanto na coidada selección de letras como no deseño gráfico e a fotografía.

Os d’Abaixo son: Gom Goás: guitarra acústica e voz; Quim Farinha: violino; Roberto Rama: gaita e saxo; Xosé Ramón Vázquez: acordeón; Richi Martín: percusión; e Xacobe Varela: gaita, bouzouki e voz.

As dez en San Paio de Antealtares tocalle o turno a Noe González & Grüvzilla.

Este proxecto ven sendo unha proposta de funk e soul con moita forza das mans de coñecidos e reputados artistas das escea galega coma Noe González (Cats and Monkeys), Grüvzilla e Adrián Solla. No repertorio , grandes nomes como Stevie Wonder, Aretha Franklyn, Sly and the Family Stone, Funkadelic, Incognito, Erikah Badu, Lyn Collins e Jose James dan a dirección dos ventos e promete facer bailar ao público de todas as idades e facer a festa transmitindo moitas sensacións e sentimentos. Con Noe González, Paulo Silva, Antón Torroncho, Luke Jennings e Adrián Solla.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies