займ срочно

[columns]
[column size=”1/3″]Estaría encantada de que os alumnos de políticas viñeran a Melide a facer prácticas pero somos pouco corporativistas[/column]
[column size=”1/3″]A morte do noso compañeiro foi un dos momentos máis duros que me tocou vivir, non a nivel político xa a nivel persoal, non llo desexo a ninguén[/column]
[column size=”1/3″]Falamos coa Universidade para que os mellores técnicos analicen porque o río Furelos non drena ben e trasladar a Augas de Galicia a necesidade de arranxalo[/column]
[/columns]

Dalia García, alcaldesa de Melide, e unha das persoas que mellor coñece as diferenzas entre a percepción da rúa do que fan os políticos e a realidade. Estudou políticas e, ata que accedeu ó posto de alcaldesa, combinou a labor como concelleira coa de dar clase na Universidade. Sabe tamén, por tanto, a diferenza entre a teórica e a práctica política.

Por todo o dito falar con ela e afondar na realidade da xestión política; non só coñece os problemas como alcaldesa, entende tamén as dificultades dos funcionarios e as areas burocráticas que volven máis lenta a administración. A primeira pregunta ten que ver con esa situación tan especial na que comproba a diario as dúas caras da moeda

Dou clases en xornalismo e administración pública e, como sucede en tantas áreas, recoñece que a práctica dos estudantes tería que ser máis cercana a realidade da administración

O percorrido dos últimos anos na vida política de Dalia García están cheos de momentos complexos. propios e alleos. Desde o 2011 ten responsabilidades xa que en aquela lexislatura entrou como concelleira de xuventude e comunicación. Nas seguintes eleccións, 2015, repetiu como concelleira e aos poucos meses a dimisión de Ánxeles Vázquez, que ocupou o cargo de Conselleira de Medio Rural, a sitúa como alcaldesa. A partir de ese momento todo comeza a facerse máis complicado. Os problemas internos do BNG fan que durante 6 meses as 3 actas nacionalistas estean sen ocupar ao dimitir tódolos compoñentes da lista. A morte dun concelleiro do seu grupo foi outro trago amargo para todo o equipo de goberno, un dos momentos máis duros da súa vida

Non se pode negar a fortaleza de Dalia. Muller, xoven e con pouca experiencia tiña todos os boletos para ser ninguneada. Non se esconde e tíralle das orellas incluso ao seu propio partido, no que recoñece que as veces saen demasiadas garabatas nas fotos, e reclama máis presenza da muller

Falamos de temas máis concretos. A autovía é unha necesidade para toda a comarca e a alcaldesa confía en que estará rematada no 2021 aínda que é consciente de que será necesario estar atentos e non deixar de reclamala

Os problemas de saneamento do polígono industrial é outro dos temas dos que se falan moito nos últimos meses. O ano pasado a condena a Socorro Cea, ex alcaldesa, por certificar, ante a Xunta de Galicia, a obra dunha depuradora no polígono industrial volvía a poñer enriba da mesa a necesidade dunha solución global para esa área. A normativa cando se impulsou o polígono non contemplaba un saneamento xeral e corre por conta de cada empresa desfacerse dos residuos. A solución que o actual equipo de goberno propón é conectalo á rede xeral

Outra das polémicas coas que tivo, ten, que xestionar Dalia García son os constantes informes de augas contaminadas no río Furelos. Coñece o tema en profundidade e as súas explicacións aclaran bastante cal é a situación e onde comezou o problema

Como é lóxico non chega con coñecer a situación e hai que propor solucións que, resulta evidente, que non serán doadas

A pasada semana (esta entrevista foi anterior) a alcaldesa firmaba no rexistro a cesión de terreos  ao Sergas para a construción do novo centro médico. Chegar a este momento levou 10 anos de papeleo pero o resultado será o desexado xa que o novo edificio terá unha sola planta e mellorará notablemente o actual

En seis meses Dalia enfrontase por primeira vez a unhas eleccións sendo cabeza de lista. Di presentarse tranquila porque os seus obxectivos en esta lexislatura están nunha boa parte cumpridos pero advirte tamén de que está disposta a dar a batalla

O mellor dun político e que se lle entenda; pasaron os anos nos que a retórica era o mellor argumento. Dalia García non só sabe explicarse senón que coñece o que explica. Gústalle o que fai e nótase cando fala; iso sempre é bo para a veciñanza que, en pouco tempo, terá que decidir si confía en ela catro anos máis, si a obriga a negociar un goberno ou si a manda a oposición.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies