займ срочно

Dani Barreiro & Friends, Grüvzilla & Ogra e Mad Martin no Feito a Man

0

Compostela, 23 de agosto do 2018 – A noite na zona vella énchese de boa música cos concertos de  Dani Barreiro & Friends, Grüvzilla & Ogra, e Mad Martin que hoxe pasan polo Feito a Man.

O Feito a Man camiña xa cara a última fin de semana pero ten tempo aínda para ofrecer moi boas cousas. Comezará as sete e media con Dani Barreiro & Friends na praza de Santo Agostiño. no Ameas. Presentase como Dani Barreiro & Friends e o de Friends vai polos que están enriba e abaixo do escenario, e unha “reunión de amigos que comparten e celebran a música”. O que ocorre e que agora en lugar de facelo no salón da súa casa -ou de casa allea- faino en bares, salas de concertos e festivais pero coa mesma filosofía, desenfado e sentido do humor. O repertorio é sobre todo dos grandes éxitos do pop español, dende os 70, 80 ata hoxe… Dende Loquillo, Gabinete Caligari, Duncan Dhu, Andrés Calamaro, Quique Gonzalez, Coque Mall, Joaquin Sabina pasando por Rosendo, Burning ou los Secretos, Andres Dobarro…e variando o seu ecléctico repertorio constantemente incluíndo clásicos internacionais de diferentes artistas coma Johnny Cash, Neil Young, Neil Diamond, REM, Waterboys, Depeche Mode, Rolling Stones, The Beatles,etc.. En cada show rodéase de bos “FRIENDS” coma Miguel Pérez ao Baixo, Ruben Ruíz á guitarra eléctrica, Roberto Barreiro á batería e como non, aparte destes, sempre pode saír a escena algún que outro Friend espontáneo ou convidado sorpresa…

Dani Barreiro & Friends

As nove quenda para Grüvzilla & Ogra en San Martiño Pinario. Este proxecto vén sendo unha proposta de funk e soul con moita forza das mans de coñecidos e reputados artistas das esceNa galega comO Noe González (Cats and Monkeys), Grüvzilla e Adrián Solla. No repertorio , grandes nomes como Stevie Wonder, Aretha Franklyn, Sly and the Family Stone, Funkadelic, Incognito, Erikah Badu, Lyn Collins e Jose James dan a dirección dos ventos e promete facer bailar ao público de todas as idades e facer a festa transmitindo moitas sensacións e sentimentos. Con Noe González, Paulo Silva, Antón Torroncho, Luke Jennings e Adrián Solla.

Mad Martin

Finalmente San Paio de Antealtares recibe a Mad Martin Trío. Debutaron no 2014 con “It Was A Very Good Year”, despois veu “Seven Lucky Shots” (2014) e “Time To Go Mad” (2015), publicado en Escandinavia polo selo sueco Vintjärn Records. “Eileen”, incluído en “Time To Go Mad” foi escollido entre os 100 favoritos do ano no programa El Sótano de Radio3 de Diego R.J. No 2015 foron os gañadores en Madrid do concurso “Azkena Rock Party” entre un número considerable de bandas e participando na edición dese ano do Azkena Rock Festival. Dende entón non pararon de tocar por media Europa e toda a xeografía española. Agora presentan “Tornado”, un vinilo en 10” financiado cunha exitosa campaña de crowdfunding, producido por Mike Mariconda e gravado en Barcelona nos Estudios Sol de Sants. Nel poderás encontrar temas propios e algunhas versións como “Tornado”, dos Jiants, que da título ao disco e que é unha das favoritas da banda.

doc.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies