займ срочно

Danza en Transito, a Deputación da Coruña leva esta arte a estacións e aeroportos

0

Compostela, 25 de abril do 2019 – Danza no aeroporto e nas estacións de tren e autobús de Santiago de Compostela é a proposta coa que a Deputación da Coruña conmemorará o vindeiro 29 de abril o Día Internacional da Danza.

O programa “Danza en Tránsito” quere achegar ao público ao baile contemporáneo en espazos de movemento. A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e a comisaria do programa, Rut Balbís, presentaron en rolda de prensa este programa que o vindeiro día 29 sorprenderá con espectáculos en movemento ás persoas que cheguen o marchen de Santiago de Compostela desde o aeroporto e ás estacións de tren e autobús. No acto de presentación participaron tamén o Xefe de Estacións Ámbito Galicia, Juan M. Cutrín Martínez e o Director e Xerente de Tussa, José Ramón Mosquera Ferreiro.

Visibilizar a variedade de propostas é un dos obxectivos de “Danza En Tránsito” que inclúe no seu programa profesionais da danza contemporánea, swing, performance, break dance, street dance, danza tradicional, danza acrobática e danza inclusiva como Traspediante, Compañía IO, Vella Escola, Can Cun Quinqué, Fundación Down · USC e Cantigas e Agarimos. A iniciativa  finalizará cunha instalación onde o público poderá bailar no seu tránsito e así celebrar este día coa danza.

“Con “Danza en Tránsito” buscamos sorprender en espazos en que non se agarda atopar un espectáculo, fóra de escenarios de teatros e auditorios, achegar a danza a un público en movemento, para que se deteña e se sorprenda coa beleza da danza”, sinalou na súa intervención Goretti Sanmartín Rei que defendeu tamén a  necesidade de buscar novos públicos para a danza, unha arte escénica que se programa pouco desde os centros de arte institucionais e privados e que precisa aínda un forte impulso para chegar a un maior número de persoas.

“A danza móvese maiormente en circuítos especializados, en programas singulares destinados a un público fiel que asiste á oferta cultural desta disciplina artística e é preciso abrir eses círculos e promover que aumente o público para os espectáculos de danza”, explica Goretti Sanmartín que destaca tamén o esforzo da área de Cultura da Deputación da Coruña para promocionar o xénero na Rede Cultural convidando ás institucións a que programen danza na súa oferta cultural.

Para a comisaria do programa, Rut Balbís, “a danza segue sendo para moitos unha descoñecida, ademais, hoxe en día existen moitos estilos e tendencias ós que o público non poden acceder con facilidade por isto, a importancia de normalizar a nosa relación ca danza, de facer dela algo cotiá”.

“Santiago é a elixida por ser un exemplo de un ir e vir continuo de xente, tanto de xente de aquí como todas esas viaxeiras que se achegan de todo o mundo a coñecer a cidade”, apunta Rut Balbís que dirixe un programa que sorprenderá ao escoller escenarios pouco habituais para a programación artística co obxectivo de “colocar a danza no día a día das persoas e sorprender a todas estas persoas que se atopan en tránsito, esperando un medio de transporte, ou subindo ou baixando del, con micro pezas de danza de estilos diferentes”.

O programa iniciarase na estación de tren, para continuar na de  autobús e rematará no aeroporto cunha oferta en que se inclúen sós, dúos e mesmo algún cuarteto de danza nunha proposta que inclúe estilos como danza contemporánea, danza inclusiva, Break dance, Lindy Hop, danza tradicional galega, performance ou danza acrobática.

“Danza en Tránsito” diríxese, polo tanto, a aquelas persoas que se atopan -como a propia danza durante a súa coreografía ou a performance- en movemento, dun lugar a outro. “Algo ten tamén de coreografía o fluxo da xente que hai nos aeroportos e nas estacións co cal os espectáculos vanse mimetizar con estes escenarios extraordinarios. Ademais de ir ao encontro con este novo público será unha maneira de recibir ás persoas visitantes cun elemento que identifica Santiago de Compostela como é a cultura”, destaca Goretti Sanmartín da filosofía do programa.

Esta iniciativa conta coa colaboración de Adif, que cede o espazo como parte do seu Programa Estación Abierta. Dito programa pon á disposición das organizacións sen ánimo de lucro e institucións públicas, espazos nas estacións para a realización de esposicións, concertos, campañas de difusión  e sensibilización en valores e todo tipo de actividades. 

  Do mesmo xeito son colaboradores Tussa desde a Estación de Autobuses e Aena desde o Aeroporto de Santiago de Compostela, cedendo os seus espazos para a realización das actividades así como poñendo á disposición da organización de Danza en tránsito os elementos precisos para o seu desenvolvemento.

Programa completo:

Estación de tren · Rúa do Hórreo, 75 A, 15702 SCQ

11:45h · Entrada/Despacho de billetes · Can Cun Quinqué · Danza Contemporánea

11:55h · Corredor subterráneo · Cia trasPediante · Performance

12:15h · Andén 2 · Cantigas e Agarimos · Danza Tradicional

12:25h · Entrada/Despacho de billetes · Vella Escola · Street Dance / Cypher

Estación de autobuses · Praza de Camilo Díaz Baliño, 15704 SCQ

14:55h · Planta 1 · Entrada Sur/Despacho de billetes · Compañía IO · Danza Acrobática

15:05h · Planta 1 · Entrada Norte/Frente aseos · Compostela Swing · Lindy Hop

15:15h · Entreplanta · Vella Escola · Break Dance

15:25h · Planta -1· Andéns · Cia trasPediante · Danza Contemporánea

Aeroporto de Santiago ·  Lavacolla, S/N, 15820 SCQ

17:00h · Planta 1 · Portas de embarque · Can Cun Quinqué · Danza Contemporánea

18:40h · Planta 0 · Recollida de equipaxes · Vella Escola · Break Dance

19:00h · Planta 0 · Vestíbulo de chegadas · Cantigas e Agarimos · Danza Tradicional

19:15h · Planta 1 · Espazo Cultural · Compañía IO · Danza Acrobática

19:30h · Planta 1 · Facturación Saídas · Fundación Down e USC · Danza Inclusiva

19:45h · Planta 1 · Frente á entrada Control de Seguridade · Vella Escola · Street Dance / Cypher

20:00h · Planta 1 · Frente á entrada do Control de Seguridade · Aquí bailo eu! · Instalación para o público

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies